Míllara (zooloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vieira viva aberta. A parte curva de cor alaranxada escura é o coral, termo culinario para denominar ás míllaras

En zooloxía denomínase míllara á masa compacta formada polo conxunto de pequenos ovos de certos peixes e crustáceos, envoltos nunha membrana.[1]

Observación[editar | editar a fonte]

  • O termo úsase xeralmente en plural.[1]

Gastronomía[editar | editar a fonte]

As míllaras son unha gran concentración de ovos de peixes e outros animais mariños como o ourizo de mar, as gambas, a vieira, e algúns tiburóns e, dentro dos non mariños, os dalgunhas ras.

Empréganse en cociña en moitos pratos, incluso crúdas ou queimadas. O caviar, considerado unha delicia culinaria, son míllaras da femia do esturión.

Usos culinarios segundo os países[editar | editar a fonte]

Míllaras secas en Cádiz
Almorzo peruano: chita e huevera frita con pan francés
Míllaras de salmón nun mercado de Shiogama, Xapón
Ikuradon, unha cunca de arroz cuberto con míllaras de salmón
Gónadas de ourizo de mar

España[editar | editar a fonte]

É común en todo o territorio español o emprego de míllaras de pescada, atún e outros peixes na cociñna española. Sérvense tanto crúas, como asadas, fritas ou adubiadas.[2] As míllaras de atún son un elemento típico das táboas ou pratos de salazones xunto ao bonito seco ou a mojama. Na Rexión de Murcia é habitual o consumo de míllaras de muxo salgado. No Principado de Asturias comen as míllaras dos oricios (ourizos de mar). En Galicia as preferidas son as da centola e as da vieira acabadas de cocer.

Italia[editar | editar a fonte]

En Italia a bottarga é unha masa constituída por míllaras salgadas de muxo usada como aderezo dalgúns tipos de pasta.

Grecia e Turquía[editar | editar a fonte]

O tarama turco é un meze turco e grego que emprega míllaras como principal ingrediente. É típico da illa de Leucas (Λευκάδα). O resto dos ingredientes poden variar, pero adoitan incluír aceite de oliva, allo, tomate, noces e pemento vermello. O meze chámase taramosalata (ταραμοσαλάτα) en grego, e consiste en míllaras con zumeo de limón, cebola, allo e aceite de oliva.

Dinamarca[editar | editar a fonte]

As míllaras de Cyclopterus lumpus (stenbider) son moi prezadas na cociña danesa. Así mesmo, os daneses comen míllaras de bacallau (torsk).

Perú[editar | editar a fonte]

Na gastronomía peruana ás míllaras chámanse hueveras. Son moi prezadas as de bonito, Anisotremus scapularis (un hemúlido), linguado e corvina. Consómense fritas en forma de chicharrón,[3]​ en xeleas e en tortillas,[4]​ e é unha preparación popular nas cebicharías do país.[5]

Venezuela[editar | editar a fonte]

En Venezuela (principalmente no oriente e na illa de Margarita) é común o consumo de míllaras de peixes tales como o atún, os xurelos, Mugil liza (un muxo) e bagres. Polo xeral consómense fritas, aínda que tamén se pden consumir guisadas.

Xapón[editar | editar a fonte]

Os xaponeses usan unha gran variedade de míllaras na súa cociña, entre as cales pódense destacar as seguintes:

  • Ikura (いくら) – Míllaras de salmón. Son unhas esferas grandes dunha cor vermella-alaranxada. Debido a que as ovas de salmón utilízanse como carnada, as persoas que proben o suxi elaborado con elas por primeira vez poden quedar desconcertadas.
  • Kazunoko (数の子/鯑) – Míllaras de arenque, amarelas ou rosadas, cunha textura gomosa e firme. Conforman unha soa masa, polo que aparentan ser un anaco de peixe.
  • Mentaiko (明太子) – Míllaras de abadeixo de Alasca, especiadas con pementa vermella en po e rodeadas dunha fina membrana natural elástica. Estas ovas son de cor de avermellada a rosa.
  • Tarako (たらこ) – Míllaras de abadeixo asadas.
  • Tobiko (飛び子) – Míllaras de peix voador, de cor vermella-anlranjada, e crocantes.
  • Uni (うに, 雲丹) – As gónadas do ourizo de mar (á veces chamadas equivocamente ovas) son fráxiles e fundentes. A súa cor varía de alaranxada a amarela pálidao. Consómense crúas ou pouco cociñadas.
Son unha comida típica tamén da cociña coreana, da cociña suxi xaponesa, de Chile e do sur de España.
Na cociña asiática considérase un alimento afrodisíaco.
  • Karasumi (カラスミ, 鱲子) – É unha especialidade de Nagasaki feita con míllaras de muxo.

Irán[editar | editar a fonte]

Á parte do a mencionado caviar, nas provincias do mar Caspio cocíñanse bastantes variedades de míllaras das máis diversas maneiras.

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 míllara no Dicionario da RAG.
  2. Dionisio Pérez (1929): Guia del buen comer español. Ed. Maxtor, p. 290.
  3. "Chicharrón de huevera". elcomercio.pe (en castelán). Consultado o 26 de agosto de 2022. 
  4. "Gastón Acurio te enseña a preparar una tortilla de huevera ahogada en su chorrillana". Perú.com (en castelán). 2 de outubro de 2017. Consultado o 28 de agosto de 2022. 
  5. Acurio, Gastón (2008). Larousse de la gastronomía peruana: diccionario gatronómico ilustrado. Lima: Q. W. Editores. p. 189. ISBN 9789972589379. 
  6. bragada, 2ª acep. no Dicionario da RAG.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]