Anzol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diversos tipos de anzois.

Un anzol [1] ou brinca [2] é un dispositivo para a captura de peixes no que se coloca unha carnada para atraeren a estes, e que se engancha no padal, na boca e moi raramente, no corpo do peixe.

Os anzois foron utilizados desde hai séculos polos pescadores para capturaren peixes tanto en augas doces como nas augas salgadas.

No ano 2005, o anzol foi elixido pola revista Forbes como unha das vinte principais ferramentas na historia da humanidade.[3]

Os anzois normalmente levan algún tipo de carnada ou engado, todo iso enlazado por unha liña ou tanza que conecta o peixe capturado co pescador.

Hai unha enorme variedade de anzois no mundo da pesca. Os tamaños, deseños, formas e materiais son variábeis en función da finalidade prevista do anzol.

Forma e construción[editar | editar a fonte]

Forma dun anzol (lenda en inglés).

As partes dun anzol son:

A punta, que é a que penetra na boca do peixe.

O ollo, burato situado na parte oposta da punta, onde se empata a liña.

A curva ou colo, a parte do anzol que une a punta e o ollo.

A brecha é como se denomina a distancia que separa o colo e a punta.

Os anzois contemporáneos están fabricados con aceiro de alto contido en carbono, aceiro aleado con vanadio, ou aceiro inoxidable, segundo a aplicación.

A maioría dos anzois de calidade se cóbrense con algún tipo de anticorrosivo resistente, resistencia á corrosión que se require cando se utilizan en auga salgada e mentres están almacenados.[4]

Historia[editar | editar a fonte]

Anzol feito de óso.

O anzol, ou dispositivos similares, foi probabelmente utilizado polo ser humano durante miles de anos. Proba diso é que se encontraron anzois en Palestina que datan de ao redor dos anos 7000 a.C.

O home fixo anzois de todo tipo de materiais, incluíndo a madeira, ósos de animais [5] e humanos, cornos, cunchas, pedra, bronce, até o ferro e o aceiro na actualidade.

En moitos casos fixéronse a partir de múltiplos materiais para aproveitar a forza e as características positivas de cada material.

Os noruegueses na década de 1950 aínda utilizaban madeira de xenebreiro para facer anzois.

Os ganchos de aceiro de calidade comezaron a aparecer en Europa nos anos 1600 e a súa fabricación converteuse nunha tarefa para os profesionais.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gancho de metal acabado en ángulo agudo, que se sostén por un fío ou tanza e no que se pon un engado para pescar Definición de anzol no dicionario da RAG. Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine.
  2. Anzol, especialmente o de tamaño pequeno.Definición de brinca1 no dicionario da RAG. Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine.
  3. "Forbes Ranks Fish Hook 19th In History of Civilization". Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2009. Consultado o 21 de xullo de 2013. 
  4. "Mustad About Hooks - Wire". Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2009. Consultado o 21 de xullo de 2013. 
  5. C. Michael Hogan (2008): Morro Creek, The Megalithic Portal, ed. by A. Burnham
  6. "Mustad Hook History". Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2007. Consultado o 21 de xullo de 2013.