Arte de arrastre de fondo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha arte de arrastre de fondo ou simplemente arte de fondo é calquera arte de pesca que exerza un buque pesqueiro que remolca unha rede con portas en contacto co fondo ou unha parella de buques que remolcan unha rede sen portas, coa finalidade de capturar especies demersais.

Esta técnica está prohibida nas augas interiores de Galicia. Baixo esta denominación colectiva están reguladas nos apartados a, b e c do artigo 82 do do Decreto 424/1993 do 17 de decembro (DOG Nº 13 do xoves, 20 de xaneiro de 1994) o bou, a vaca e a parella, respectivamente.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arte de arrastre de fondo Modificar a ligazón no Wikidata