Facho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Facho, mañiza de palla atada á que se lle prendía lume ou fogueira acesa nun alto que adoitaba usarse para avisar e guiar os mariñeiros que se atopaban no mar.

Definición[editar | editar a fonte]

Un facho pode ser:

  • (1) Mañiza de palla atada ao que se lle prende lume e serve para alumear.
  • (2) Fogueira acesa nun alto para avisar ou dar unha nova.
  • (3) Lume que se acendía antigamente no cume dun monte para a guía de mariñeiros.
  • (4) Outeiro próximo á costa, guía para os mariñeiros.
  • (5) Cume onde se acende esa fogueira.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Do lat. fascis: feixe. Trátase dunha etimoloxía por metonimia. Inicialmente, un pequeno feixe de plantas como os xuncos ou a palla, apertado e atado, utilizouse dende hai moito tempo como luz artificial para a noite ou as covas. A palabra facho pasou logo a ser un lume con funcións indicadoras. Deste xeito, era colocado nos outeiros como sinais de orientación ou avisos. Posteriormente, a súa localización pasaría a propiciar que se nomeasen así os lugares altos onde se facían lumes. De aí, a evolución semántica da palabra.

Historia[editar | editar a fonte]

Antigamente, os faros materializábanse como fachos acendidos en torres. Entre os séculos IX-XII, as costas galegas foron atacadas por viquingos, vándalos e musulmáns.[Cómpre referencia] Nos séculos XV, XVII, XVIII e XIX, foron os ingleses, franceses e holandeses, entre outros os que máis atacaban as costas galegas. Estes últimos ataques ao litoral galego propiciaron a creación dunha rede de fachos que se intercomunicaban mediante fume ou fogo cando algún dos pobos divisaba embarcacións perigosas.[Cómpre referencia] Desta forma avisaban ao xefe de grupos armados), e ás vilas, que acudían para a súa defensa. No 1670, Domenico Laffi relataba que no Monte Facho de Fisterra había unha torre que estaba feita para acender o fogo na súa parte máis elevada.[Cómpre referencia] Estaba aí porque, de tódalas nacións que navegan polo Océano, todos pasaban a coñece-lo Cabo Fisterrá e moitas veces desembarcaban na Vila provocando numerosos danos.[Cómpre referencia] Era entón cando, co fogo desta torre, facíanse sinais ás vilas veciñas, que sucesivamente dunhas ás outras íanse pasando o aviso de perigo. Nunha hora, todo o Reino de Galiza estaba en sobreaviso e acudía armado ata aquel cabo para defendelo.[Cómpre referencia]

Por descontado, os fachos tamén funcionaron como guías e, así mesmo, hai constancia de que se acendían fachos en lugares falsos para provocar naufraxios.

Xeografía[editar | editar a fonte]

De norte a sur, a denominada Ruta dos fachos de Galiza contén as seguintes localizacións que se recollen na obra de D. José Cornide titulada Descripción circunstanciada de la costa de Galicia, y raya por donde confina con el inmediato Reino de Portugal, da que, ao compara-los nomes cos actuais, obsérvase que algúns perdéronse:

Ruta dos fachos galegos
  • Caión
  • Razo
  • Malpica
  • Nariga
  • Corme
  • Monte Tosto
  • Lourido
  • Touriñán
  • A Nave
  • Fisterra
  • Bouzas
  • Coruxo
  • Monteferro
  • Cela
  • Mougaz
  • Oia
  • A Guarda
  • Santa Trega
  • San Xulián

Toponimia[editar | editar a fonte]

Non tódolos lugares nos que se ten constancia da existencia de fachos conservan no seu nome tal suceso. Algún dos que aínda se poden atopar son:

Literatura[editar | editar a fonte]

Moitos son os escritores e poetas que citan aos fachos nas súas obras. Algúns exemplos son:

Laurindo Rabelo

Hino (1863)

O facho do Helesponto apaga o dia,

sem que aos olhos de Hero o sono traga,

que dentro de sua alma não se apaga

o fogo com que o facho se acendia.

Eduardo Pondal

Queixumes dos pinos (1886)

¡Ou rapacetes rebertes,

De tenro corpo lanzal;

E tan libres, com' os corvos,

Do facho de Touriñan!

(...)

Nunha cousa convêrteme,

Insensibre e cerval;

Convérteme n' un rudo

Facho, por pïedá...

Bárreme da memoria,

Este soñar audaz,

Arráncame da alma

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]