Anxos García Fonte
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1964 (60/61 anos) Pontedeume, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | profesora de ensino secundario, política, guionista, filóloga, xornalista |
María dos Anxos García Fonte, nada en Pontedeume en 1964, é unha activista cultural, docente e filóloga galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Veciña da Pena de Irís (Cabanas), estudou Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en Filoloxía na Universidade da Coruña coa tese A construción da identidade de xénero na narrativa galega da segunda metade do século XX (2011), dirixida por Francisco Salinas Portugal.[1] Foi profesora de Lingua Galega e Literatura no IES Breamo en Pontedeume até a súa prexubilación en 2024. Traballou como guionista e dobradora, participou en colectivos como o Ateneo Eumés Fernán Martíns e foi a encargada da sección de Cultura e Sociedade no desaparecido Xornal de Galicia. Ten colaborado en Nós Diario[2], Follas novas: Revista de estudos rosalianos, Eduga: Revista galega do ensino, Abriu: Estudos de textualidade do Brasil, Galicia e Portugal, Andaina: Revista do Movemento Feminista Galego, A Trabe de ouro: Publicación galega de pensamento crítico, Grial: Revista galega de cultura,[3] Viceversa: revista galega de traducción e lg3.[4]
Política do BNG
[editar | editar a fonte]Foi a cabeza de lista do BNG en Cabanas nas eleccións municipais de 1995, e concelleira entre 1995 e 1999. Volveu ser candidata en 2019.[5]
Obra
[editar | editar a fonte]Obra colectiva
[editar | editar a fonte]- Actas Congreso Castelao. Tomo II: (Santiago de Compostela, 24-29 novembro 1986) (1989). Ed. liit. Justo G. Beramendi e Ramón Villares Paz. ISBN 84-7191-569-3. Páxs. 81-104: "Aspectos fonéticos e morfolóxicos na obra de Castelao".
- Novas achegas ao estudo da cultura galega: enfoques literarios e socio-históricos (2009). Coord. por Olivia Rodríguez-González, Laura Mariño Sánchez. ISBN 978-84-9749-347-5. Páxs. 263-290: "Aproximación ao campo literario galego a través dos catálogos de Biblos, clube de lectores".
- Estudos galego-brasileiros 4: lingua, literatura, identidade (2010). Coord. por Maria do Amparo Tavares Maleval, Laura Tato Fontaíña. ISBN 978-84-9749-394-9. Páxs. 183-210: "Trasalba ou Violeta e o militar morto: a desconstrución do mito a través da complexa alquimia do patriarcado".
Cinema
[editar | editar a fonte]- A rosa incandescente (2021). Foi a creadora da idea, guionista, produtora e mesmo actriz nesta curtametraxe sobre Rosalía de Castro.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ García Fonte, María dos Anxos (2011). "A construción da identidade de xénero na narrativa galega da segunda metade do século XX" (en castelán). Universidade da Coruña.
- ↑ Diario, Nós. "Nós Diario - Xornal de intereses galegos". Nós Diario. Consultado o 2024-05-01.
- ↑ "María dos Anxos García Fonte". Dialnet (en castelán). Consultado o 2024-05-01.
- ↑ "As sombras do noso espello". aelg.gal/centro-documentacion. Consultado o 1 de maio de 2024.
- ↑ Cabanas, Bloque Nacionalista Galego de (2023-04-08). "06. Anxos García Fonte". Bloque Nacionalista Galego de Cabanas. Consultado o 2024-05-01.
- ↑ Diario, Nós (2022-09-28). "Anxos García Fonte: "Que ten Jean Austen que non teña Rosalía? Un traballo audiovisual que chegou a todo o mundo"". Nós Diario. Consultado o 2022-09-28.