A rosa incandescente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A rosa incandescente
Ficha técnica
DirectorDavid Vázquez Vázquez
ProdutorAnxos García Fonte
GuiónAnxos García Fonte
MúsicaTamara Lorenzo
FotografíaBruno Máez
Duración27 minutos
OrixeGalicia Galicia
XéneroCurtametraxe

A rosa incandescente é unha curtametraxe de 2021, dirixida por David Vázquez Vázquez, con guión de Anxos García Fonte e interpretada por Alba López.

Mostra a Rosalía de Castro[1], a vida da escritora falando do seu proceso creativo no momento de publicar o seu primeiro ensaio, Lieders.[2]

Características[editar | editar a fonte]

Rodouse no mes de xullo de 2021 no Pazo de Sabadelle e a súa contorna. Presentouse por primeira vez en formato de curtametraxe de 27 minutos no Auditorio Municipal de Chantada o 26 de febreiro de 2022.[3]

Segundo a guionista:

o filme quere achegarnos unha Rosalía de Castro cercana e directa que nos conta ela mesma algúns dos aspectos fundamentais da súa obra: a paixón pola literatura oral, o compromiso co seu país, a sensibilidade cos marxinados da sociedade, a análise económica e social do seu tempo e, por suposto, as dificultades que tivo que enfrontar por ser muller e escritora. Rosalía é a mesma rosa incandescente de intelixencia, sensibilidade e paixón polo que fai.[4]

Anxos García Fonte en colaboración con Glafira Fernández-Campoamor desenvolveron nun proxecto didáctico sobre o filme, Encanta se ri, conmove se chora [5] dixital e en papel[6]

Colaboradores[editar | editar a fonte]

  • Director: David Váquez Vázquez
  • Director asistente: Diego Rubio
  • Guión e idea orixinal: Anxos García Fonte
  • Produción: Anxos García Fonte e Pinancho Audiovisuais
  • Director de fotografía: Bruno Máez
  • Música orixinal: Tamara Lorenzo
  • Vestiario: Ana Gesto
  • Son directo: David Lagares
  • Directora de arte: Alicia Fernández e Ana Gesto
  • Caracterización e make-upp: Lara Naveiro e Susana Bello
  • Póster e fotos de Rosalía: Bruno Máez
  • Efectos: Juanpa Ameiros
  • Deseño de visualización: Ana de Vit
  • Catering e loxística: Pazo de Sabadelle, Juan Manuel Rubio, Xosé Bello Arias, David Otero (Piquelo)
  • Escenarios: Pazo de Sabadelle, parroquia de Sabadelle, Concello de Chantada, Ría de Ortigueira
  • Patrocina: Concello de Chantada
  • Colabora: Pinancho@Audiovisuias, Casa de Rosalía

Elenco[editar | editar a fonte]

  • Rosalía de Castro: Alba López
  • Serventa: Anxo García Fonte
  • Labrega na lareira: Xoana Arias
  • Labrego na lareira: Chicho Carballido
  • Rapaza: Arixa Otero
  • Rapaz: Brigo Otero
  • Lavandeira 1: María Ratón
  • Lavandeira 2: Susi Gesto

Premios[editar | editar a fonte]

  • 2022: 1º Premio no Aracnea Film&Book Festival de La Castellaneta, na Puglia (Italia)[1], na categoría de Curtametraxe Internacional.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Diario, Nós (2022-09-28). "Anxos García Fonte: "Que ten Jean Austen que non teña Rosalía? Un traballo audiovisual que chegou a todo o mundo"". Nós Diario. Consultado o 2022-09-28. 
  2. Lugo, El Progreso de (2022-02-20). "'A rosa incandescente' revive a Rosalía". El Progreso de Lugo. Consultado o 2022-09-28. 
  3. "Estreno en Chantada del corto «A rosa incandescente»". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-02-21. Consultado o 2022-09-28. 
  4. "A rosa incandescente". www.udc.es. Consultado o 2022-09-28. 
  5. "Encanta se ri, conmove se chora". www.arosaincandescente.gal. Consultado o 2022-09-28. 
  6. García Fonte, Anxos; Fernández-Campoamor, Glafira (1921). Encanta se ri, conmove se chora. Edición de autor. ISBN 978-84-09-34913-5. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]