Breamo, Pontedeume
| Breamo | |
|---|---|
Ermida románica de San Miguel de Breamo do século XII. | |
| Concello | Pontedeume[1] |
| Provincia | A Coruña |
| Coordenadas | 43°24′17″N 8°06′51″O / 43.4046, -8.1143 |
| Poboación | 317 hab. (2013) |
| Entidades de poboación | 9[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Miguel de Breamo[1] é unha parroquia que se localiza no centro e no oeste do concello coruñés de Pontedeume. Segundo o IGE en 2013 tiña 317 habitantes (172 mulleres e 145 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 325 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A parroquia está dividida en dúas partes distantes entre si, de tal xeito que entre as súas dúas zonas están as parroquias de Vilar, Nogueirosa e Ombre. Á área occidental (ó sur da parroquia urbana de Pontedeume e rodeada de Centroña polo oeste e Vilar polo leste) pertencen as localidades de Vista Alegre, O Barro, Cermuzo e As Pedridas; na parte oriental (limítrofe coa parroquia de Taboada en Monfero) localízanse de norte a sur os lugares de Vilamoire, Gunturiz, A Veiga e Allegue.
Historia
[editar | editar a fonte]Eclesiasticamente, en 1789 deixou de ser priorado e integrouse na parroquia de Vilar.[2][3] En 1884 Breamo e Vilar perderon os barrios e lugares do Picho, Porto, Fontenova, Souto da Vila, Fieitela, Penedos e Aguabar, pois foron anexados á parroquia urbana de Pontedeume.[4]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Ábsida da igrexa de San Miguel de Breamo.
- Rosetón da igrexa de San Miguel de Breamo.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Breamo
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Breamo no concello coruñés de Pontedeume | |
|---|---|
|
Allegue | O Barro | Cermuzo | Gunturiz | As Pedridas | A Veiga | Vilamoire | Vista Alegre |
Parroquias de Pontedeume
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ Corbeira Paz, Paula (2021). Románico en Pontedeume: san Miguel de Breamo (PDF) (traballo de fin de grao) (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. p. 8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de decembro de 2022. Consultado o 17 de decembro de 2022.
- ↑ "La Comarca". Unidad Pastoral de Pontedeume (en castelán).
- ↑ De Castro, Carlos (2007). Concello de Pontedeume, ed. Calles, Plazas y Jardines de Pontedeume. Denominación, Morfología y Actividad en el Espacio Público (1270-1970) (en castelán). §II.4. Crecimiento de población y expansión. ISBN 978-84-921952-4-4. DL C-1873-2007.