Antíoco IV de Comaxene
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século I |
Morte | século I Roma, Italia |
Rei Comagena (pt) | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Período de tempo | Imperio Romano |
Familia | |
Familia | Orôntidas (pt) |
Cónxuxe | Julia Iotapa |
Fillos | Callinicus, Gaius Julius Archelaus Antiochus Epiphanes, Julia Iotapa |
Pais | Antiochus III of Commagene e Iotapa of Commagene |
Irmáns | Julia Iotapa |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft |
Gaius Iulius Antiochos IV Epiphanes (grego: Γάιος Ἰούλιος Ἀντίοχος ὀ Ἐπιφανής) foi o último rei de Comaxene. Reinou entre 38 e 72 como rei cliente do Imperio romano Naceu antes de 17 e morreu despois de 72.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Antíoco foi fillo de Antíoco III de Comaxene e da raíña Iotapa de Comaxene. Os pais de Antíoco IV eran irmáns de sangue. El mesmo, casou igualmente coa súa propia irmá, de nome, tamén Iotapa. Era de ascendencia armenia, grega e meda[1]. Pola súa antepasada, a raíña Laodice VII Thea, que era a nai do rei Antíoco. Antíoco I, era descendente directo do reino helenístico sirio do Imperio seléucida.
Antíoco parece ser moi novo no ano 17, cando o seu pai morreu. Tiberio conveu cunha parte dos cidadáns de Comaxene en facer do seu reino unha parte da provincia romana de Siria. A gran mocidade dos fillos de Antíoco III e os disturbios políticos que atravesaba entón Comaxene parecen ser a razón principal desta medida. Antíoco parece alcanzar a cidadanía romana entre 17 e 38. Viviu e creceu en Roma, coa súa irmá. Mentres que a súa irmá e el viviron a súa mocidade en Roma, formaron parte da corte que Antonia Minor mantiña ao redor dela. Antonia era sobriña do primeiro emperador romano, Augusto e a filla máis nova do triunviro Marco Antonio. Antonia Minor era unha muller moi influente. Ela supervisaba o seu círculo composto de varios príncipes e princesas. O seu círculo contribuíu á preservación das fronteiras políticas do Imperio romano e á estabilidade e fidelidade dos seus estados clientes.
En 38, Antíoco recibe a coroa de Comaxene das mans do neto de Antonia Minor, o emperador romano Calígula. Por outra banda, o emperador agranda o territorio de Antíoco coa parte de Cilicia que bordea a costa. Calígula dá tamén o importe total dos ingresos que Comaxene xerara durante os vinte anos que fora provincia romana[2][3]. As razóns políticas que poderían xustificar unha tal vantaxe e tales recursos dados a un rei cliente non están claros. Quizais non era máis que unha manifestación da excentricidade ben testemuñada de Calígula.
Antíoco estaba nos termos máis íntimos con Caligula. Herodes Agripa I e el son presentados como os instrutores do emperador na arte da tiranía[4]. Esta amizade non dura con todo moito tempo, xa que é deposto por Caligula. Antíoco non recupera o seu reino até a chegada do emperador Claudio en 41[5].
En 43, o seu primeiro fillo, Caio Xulio Arquelao Antíoco Epifanes, é o noivo a Drusila, unha filla de Agripa I. Ademais, de Arquelao Antíoco Epifanes, Antíoco ten outros dous fillos coa súa muller Iotapa: Calínico e unha filla chamada tamén Iotapa[6].
En 53, Antíoco esmaga unha insurrección dalgunhas tribos bárbaras en Cilicia, chamadas Clitae[7]. En 55, recibe do emperador Nerón a orde de levar tropas para facer a guerra contra os partos, e, no ano 59, serve baixo as ordes do xeneral Gneo Domicio Corbulón contra o rei Tiridates I de Armenia, irmán do rei parto Vologases I. Consecuentemente polos seus servizos nesta guerra, obtén no ano 61 territorios pertencentes antes ao reino de Armenia[8][9].
Tomou partido por Vespasiano cando foi proclamado emperador en 70, sendo presentado entón como o máis rico dos reis tributarios[10]. O mesmo ano, enviou forzas mandadas polo seu fillo Epifanes para axudar ao príncipe Tito durante o cerco de Xerusalén[11][12].
Pero en 72, foi acusado por Lucio Cesenio Peto, gobernador de Siria, de conspirar cos partos contra os romanos. Vespasiano destronou entón a Antíoco IV, derrocou á dinastía e reanexionou o territorio de Comaxene a Siria. Os fillos de Antíoco IV, Epifanes e Calínico, foxen a Partia despois de seren derrotados nun breve encontro coas tropas romanas.
Antíoco retirouse primeiramente a Esparta, e despois a Roma, onde pasou o resto da súa vida cos seus fillos que volveron do seu exilio, sendo tratado con moito respecto[13]. Entre os netos de Antíoco e de Iotapa atópase o eminente ateniense Filopapo, que viviu en Grecia entre os séculos I e II.
Monumento de Filopapos
[editar | editar a fonte]Antíoco IV figura en escultura en compañía do seu neto Caio Xulio Antíoco Epifanes Filopapo sobre un monumento erixido cara a 114-116 en Atenas, que se pode aínda admirar sobre o outeiro das Musas. Na parte inferior do monumento está representado un cortexo triunfal.
Moedas
[editar | editar a fonte]Hai varias pezas de moedas que levan a marca deste rei. Estas proban que reinou sobre unha gran parte de Capadocia e de Cilicia, así como sobre Comaxene. Sobre unha destas pezas, é chamado ΒΑΣΙΛΕΥΣ ΜΕΓΑΣ ΑΝΤΙΟΧΟΣ («gran rei Antíoco», Basiléus Mégas Antíokhos). Esta inscrición testemuña as ambicións políticas de Antíoco IV. Sobre o dorso desta medalla, está representado un escorpión, rodeado de follas de loureiro, e a inscrición ΚΟΜΜΑΓΗΝΩΝ («dos Comaxenios»). Sobre estas pezas de moeda, apréciase tamén o nome da súa muller, Iotapa[14][15].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Chahim 2001, pp. 190-191
- ↑ Dión Casio, Historia romana, LIX, 8.
- ↑ Suetonio, Caligula, 16.
- ↑ Dión Casio, op. cit., LIX, 8.
- ↑ Dión Casio, op. cit., LX, 8.
- ↑ Flavio Xosefo, Antigüidades xudías, XIX, 9, § 1.
- ↑ Tácito, Anais, XII, 55.
- ↑ Tácito, op. cit., XII, 7, 37.
- ↑ Tácito, op. cit., XIV, 26.
- ↑ Tácito, Historias, II, 81.
- ↑ Flavio Xosefo, A guerra dos xudeus, V, 11, § 3.
- ↑ Tácito, 'op. cit., V, 1.
- ↑ Flavio Xosefo, op. cit., VII, 7.
- ↑ Joseph Hilarius Eckhel, iii.
- ↑ Henry Fynes Clinton, Fasti Hellenici, the Civil and Literary Chronology of Greece from the 55th to the 124th Olympiad, iii. (1824-1851).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Fontes clásicas
[editar | editar a fonte]- Flavio Xosefo, A guerra dos xudeus, Libros V e VII.
- Flavio Xosefo, Antigüidades xudías, Libro XIX.
- Tácito, Anais, XII e XIV.
- Tácito, Historias, II e V.
- Dión Casio, Historia romana, libros IX, LIX e LX.
Fontes modernas
[editar | editar a fonte]- A.K., Bowman; Champlin, E.; Lintott, A. (1996). The Augustan Empire, 43 B.C.-A.D. 69. Colección: The Cambridge Ancient History (en inglés) (2ª ed.). Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0 521 26430 8.
- Chahin, Mark (2001). The Kingdom of Armenia (en inglés). Londres: Routlege. ISBN 0700714529.
- Toumanoff, Cyrille (1990). Les dynasties de la Caucasie chrétienne de l'Antiquité jusqu'au xixe siècle : Tables généalogiques et chronologiques. Roma. pp. 398–399.