El Porvenir (1845)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

El Porvenir foi un periódico que se publicou en Santiago de Compostela[1] en 1845.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Revista de la Juventud Gallega, apareceu o 3 de febreiro de 1845 co lema "Todo para Galicia". Editábase na Imprenta de la Viuda é Hijos de Compañel e aparecía tres veces ao mes[2]. O seu director foi Antolín Faraldo, e os seus redactores Antonio Romero Ortiz e José Rúa Figueroa. Saíron á rúa 14 números, o último número apareceu o 28 de agosto dese ano, pois o gobernador da Coruña decretou a súa suspensión o 1 de setembro.

Neste periódico apareceu o manifesto Nuestra bandera literaria, probablemente da autoría de Ramón de la Sagra, no que se defendía a anarquía literaria como camiño para acadar unha emancipación absoluta do pensamento. Por esta razón algúns autores considérano como o primeiro periódico anarquista do mundo[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. En moitas publicación figura como lugar de edición A Coruña, pero debe tratarse dun erro.
  2. No número 11, de 29 de junio de 1845, informaba que se publicará 3 veces ao mes.
  3. Woodcock, G.: Anarchism: a history of libertarian ideas and movements. University of Toronto Press, 2004. P. 299. ISBN 1-55111-629-4 (en inglés).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]