José Rúa Figueroa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Rúa Figueroa
José Rúa Figueroa (1820 - 1855) periodista, revolucionario y escritor español.jpg
Nacemento 20 de maio de 1820
Lugar Santiago de Compostela
Falecemento 22 de maio de 1855
Lugar Madrid
Nacionalidade España
Ocupación escritor, político e xornalista
editar datos en Wikidata ]

José Rúa Figueroa, nado en Santiago de Compostela o 20 de maio de 1820 e falecido en Madrid o 22 de maio de 1855, foi un xornalista, revolucionario e escritor galego. Foi un dos pais do movemento provincialista en Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Medicina na Universidade de Santiago. Publicou alí o seu drama El arzobispo don Suero (1840), que a censura eclesiástica local impediu representar. Con Antonio Romero Ortiz fundou Santiago y a ellos (1842), periódico satírico de literatura e costumes, e xunto ó propio Romero Ortiz e Antolín Faraldo Asorey, El Porvenir (1845), que recollía os ideais do provincialismo galego. Participou na revolta de 1846, escribindo a súa historia en Madrid baixo pseudónimo. Alí interveu na revolta de 1848, dirixíndose logo á Coruña, onde foi encarcerado. Na prisión escribiu o drama inédito También por amor se muere. De novo en Madrid dirixiu o periódico progresista La Nación, e desde 1854 La Gaceta. Colaborou no Semanario Pintoresco Español con artigos costumistas sobre Galicia, como "La cascada de Toja", "Monte Furado" ou "Paso del Ulla en San Juan de Cova".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]