Antonio Nariño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Nariño
Nariño by Acevedo Bernal.jpg
Nacemento9 de abril de 1765
 Vicerreinado de Nova Granada
Falecemento13 de xaneiro de 1823
 Villa de Leyva
Causabroncopneumonia e tuberculose
SoterradoCatedral primada de Colombia
NacionalidadeColombia
Alma máterColegio Mayor de San Bartolomé
Ocupaciónpolítico e Soldado
CónxuxeMagdalena Ortega de Nariño
Antonio Nariño signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Antonio Amador José de Nariño y Álvarez del Casal, nado en Santa Fe de Bogotá, o 9 de abril de 1765 e finado en Villa de Leyva o 13 de decembro de 1823, foi un político e militar que participou na independencia do Vicerreinado de Nova Granada. Xunto a Pedro Fermín de Vargas, Francisco de Miranda, José Cortés de Madariaga e Eugenio Espejo, é considerado un precursor da emancipación das provincias americanas do Imperio español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dende a súa mocidade, Nariño encamiñouse a actividades políticas que soubo combinar con especulacións financeiras e comerciais que o levaron a acumular fortuna. Tamén foi alcalde de segundo voto elixido polo cabido de Santa Fé en 1789, tesoureiro interino de décimos do arcebispado, designado en xullo do mesmo ano.[1]

A finais de 1793 ou comezos de 1794, Nariño traduciu o texto aprobado pola Asemblea Nacional de Francia a comezos da revolución (4 de agosto de 1789) consagratorio dos dereitos do home e do cidadán, o cal lle valeu ser feito prisioneiro.[2]

Entre o momento da súa captura na súa casa de habitación en Santafé, en agosto de 1794 e a súa liberación en Cartaxena en xuño de 1810, un lapso de case dezaseis anos, Nariño estivo preso agás o intervalo que pasou oculto en Europa e América entre o momento da súa fuga en Cádiz (17 de marzo de 1796) e a súa entrega voluntaria en Santa Fe (o 19 de xullo de 1797).[3]

Tras a súa liberación en Cartaxena, Nariño regresou a Santa Fe a tempo para colaborar na organización do primeiro congreso neogranadino do cal é designado secretario ó comezo de sesións en decembro de 1810.[4]

Nariño non foi militar de carreira pois os seus primeiros pasos nesa dirección iniciáronse en 1813 cando era presidente de Cundinamarca e ofreceuse para comandar as forzas unidas do Estado que o gobernaba con aquelas das Provincias Unidas de Nova Granada, achegadas dende Tunja polo seu rival político Camilo Torres Tenorio, co fin de marchar ó sur para recuperar Popayán e evitar que tropas realistas avanzasen cara ó interior da república nun empeño de invasión ordenado dende a presidencia de Quito.

O éxito inicial da campaña, que Nariño conduciu vitoriosamente até as portas da cidade de Pasto, terminou en fracaso ó verse Nariño precisado a entregarse ó xefe militar de Pasto en maio de 1814. O seguintes seis anos pasounos de novo en prisión.[5]

Nariño regresou a América polo Caribe e Venezuela. O 20 de febreiro de 1821 reportouse a Simón Bolívar dende Angostura e este convidouno a que se reunise con el nas chairas do Apure. Alí, Bolívar pediu a Nariño proceder a instalar o congreso de Villa del Rosario e escolleuno como vicepresidente de Colombia.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Antonio Nariño Álvarez". Consultado o 21 de agosto de 2016. 
  2. "Nariño, 'Precursor de la Independencia', inculcó a los criollos la necesidad de emanciparse". 19 de xullo de 2009. Consultado o 21 de agosto de 2016. 
  3. "Nariño pierde toda esperanza y se entrega á los españoles". Consultado o 21 de agosto de 2016. 
  4. Suárez Fernández. Historia general de España y América. Ediciones Rialp. ISBN 9788432121104. 
  5. "Antonio Nariño 250". 9 de abril de 2015. Consultado o 21 de agosto de 2016. 
  6. "Nariño, caballero de infortunios". 19 de decembro de 1993. Consultado o 21 de agosto de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Posada Eduardo, Pedro María Ibáñez. El Precursor. Documentos sobre la vida pública y privada del general Antonio Nariño. Bogotá: Imprenta Nacional, 1903.
  • Acosta de Samper, Soledad. Biografía del general Antonio Nariño. Pasto: Imprenta del Departamento de Nariño, 1910.
  • Henao, Jesús María + Gerardo Arrubla. Historia de Colombia para la enseñanza secundaria. Bogotá: Librería Colombiana. Camacho Roldán & Cía., 1929.
  • Rivas, Raimundo. El Andante Caballero Don Antonio Nariño. Bogotá: Imprenta de la Luz, 1936.
  • Vergara y Vergara, José María. Vida y Escritos del General Antonio Nariño. Bogotá: Ministerio de Educación Nacional, 1946.
  • Vejarano, Jorge Ricardo. Nariño. Su vida, sus infortunios, su talla histórica. Bogotá: Instituto Colombiano de Cultura, 1978.
  • Santos Molano, Enrique. Antonio Nariño. Filósofo Revolucionario. Bogotá: Planeta Colombiana Editorial, S. A., 1999.
  • Michelena, Carmen L., Luces revolucionarias:De la rebelión de Madrid (1795) a la rebelión de La Guaira (1797), Caracas: CELARG, 2010