Catedral primada de Colombia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Catedral primada de Colombia
Catedral Primada de Colombia-Bogota.JPG
Fachada da catedral.
Datos xerais
PaísFlag of Colombia.svg Colombia
RexiónCundinamarca
TipoCatedral, basílica
AdvocaciónInmaculada Concepción
LocalizaciónBogotá
Coordenadas4°35′53″N 74°04′31″O / 4.597955, -74.075238Coordenadas: 4°35′53″N 74°04′31″O / 4.597955, -74.075238
CatalogaciónMonumento nacional
Culto
CultoIgrexa Católica
DioceseArquiocese católica latina de Bogotá
Arquitectura
Construción1807-1823
EstiloArquitectura neoclásica
Medidas85 x 90 m
Páxina webcatedral.arquibogota.org.co/es/
Catedral de Colombia en Colombia
Catedral de Colombia
Catedral de Colombia
editar datos en Wikidata ]

A Catedral Primada de Colombia, oficialmente Sacro Santa Igrexa Catedral Primada Basílica Metropolitana da Inmaculada Concepción de María en Bogotá, é unha igrexa catedralicia de culto católico consagrada á Inmaculada Concepción; é un edificio de estilo neoclásico localizado na Praza de Bolívar de Bogotá, capital do país.[1] A catedral é sede do Arcebispo de Bogotá e por conseguinte do Bispo primado de Colombia, recoñecida co título honorífico de Primada de Colombia polo papa León XIII, a través do Decreto da Congregación Consistorial do 7 de novembro de 1902.[2] O templo foi deseñado por Domingo de Petrés e construíuse entre 1807 e 1823 no mesmo lugar onde anteriormente se ergueron outros tres templos que sucesivamente serviron de catedrais para a cidade. Polo seu significado histórico, valor arquitectónico e cultural foi declarada Monumento Nacional por medio do decreto 1.584 do 11 de agosto de 1975.[3]

Armas da Catedral como Basílica menor

Historia[editar | editar a fonte]

Cando os conquistadores españois chegaron á Sabana de Bogotá, o misioneiro frei Domingo de las Casas celebrou a primeira santa misa o 6 de agosto de 1538, nunha modesta capela de bahareque e teitos de palla, e ante un estandarte que repousa na catedral, no lugar onde se puxeron as primeiras pedras para a construción dunha igrexa.[4] O lugar foi denominado polos españois como A nosa Señora da Esperanza.

En 1553, por iniciativa de Frei Juan de los Barrios tomouse a decisión de construír un templo en paredes de tapia e ladrillo no mesmo lugar actual da catedral, de acordo á disposición do Cabido, para o que se convocou a unha licitación pública que lle asignou as obras a Baltasar Díaz e a Pedro Vásquez, asociados ó albanel Juan Rey, cun orzamento de 1.000 pesos.[5] En 1560, despois de gastar máis de 6.000 pesos e á véspera da súa inauguración derrubouse o teito da construción.[6] Malia iso, o 11 de setembro de 1562 o papa Pío VI outorgoulle o título de Catedral.

Catedral (esq.), Casa do Cabido Eclesiástico, Capela do Sagrario (centro), Palacio Arcebispal (dereita).

Doce anos despois, Frei Juan de los Barrios, primeiro arcebispo da cidade, trouxo sobre os seus ombreiros a primeira pedra para unha nova Catedral, dando así exemplo a todos os seus compañeiros e fieis, quen o seguiron lograron almacenar unha cantidade considerable de pedras para a súa construción. A obra iniciouse o 12 de marzo de 1572, no mesmo lugar, coas mesmas condicións que a anterior, é dicir con tres naves, pero cun detalle adicional no que se lle engadiron catro capelas formando unha cruz.

A obra culminou en 1590, coa capela maior cuberta así como os arcos, pero quedando pendentes na súa construción, as catro capelas laterais e as tres naves, para 1678 concluíuse a torre. Esta nova Igrexa, terceira construción da catedral foi notable pola riqueza do seu culto e pola súa capela musical. O 12 de xullo de 1785 prodúcese un forte terremoto na cidade que afecta gravemente a construción, polo cal se toma a decisión de derrubala parcialmente en 1805.

A Catedral Primada nos anos 30. Nótese a diferenza no remate das torres
Rúa once, custado norte do edificio.

Algúns anos despois da expulsión dos xesuítas de Colombia óptase por pór en servizo como vicecatedral á igrexa de San Ignacio, a cal foi denominada "Vicecatedral de San Carlos" (na honra do rei Carlos III) e atópase a tan só media cuadra de distancia da Praza.

A comezos do século XIX por nomeamento efectuado polo cóengo Fernando Caycedo y Flórez, arcebispo de Colombia, designouse como arquitecto para a reconstrución da catedral ó frade capuchino Frei Domingo de Petrés, o cal estaba amplamente influenciado pola tendencia neoclásica reinante nesa época da historia e que determinou o estilo da reconstrución da Igrexa. Frei Domingo, de orixe española, fillo dun albanel, quen chegou a Santafé de Bogotá en 1792 para exercer o seu oficio de arquitecto, comezando a obra da nova catedral o 11 de febreiro de 1807.[7] Consideróuselle como uno dos arquitectos máis representativos do novo reino de Novo Reino de Granada, e entre outras obras salientan o Observatorio Astronómico de Bogotá, a Basílica da Nosa Señora do Rosario de Chiquinquirá, a Catedral de Santa Fe de Antioquia e a Igrexa de San Miguel, en Guaduas.

Cando morre frei Domingo en 1811 a construción do interior da catedral estaba rematada.[8] As obras restantes foron dirixidas por Nicolás León quen as logra concluír o 19 de abril de 1823. Nese mesmo ano oficiouse a consagración da catedral. A Catedral de Bogotá foi recoñecida co título honorífico de Primada de Colombia polo papa León XIII, a través do Decreto da Congregación Consistorial do 7 de novembro de 1902.

No ano 1943 o arquitecto español Alfredo Rodríguez Orgaz dirixiu as reformas á fachada de acordo cos planos orixinais de Domingo de Petrés. As maiores reformas realizáronse con motivo do Congreso Eucarístico Internacional de 1968 e a visita do papa Paulo VI cando o presbiterio se ampliou até o cruceiro e o altar situouse baixo a cúpula.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. García, Juan Crisóstomo (1916), Guía histórica y descriptiva de la Catedral de Bogotá, Imprenta de San Bernardo, Bogotá.
  2. Conferencia Episcopal de Colombia. "Historia Arquidiócesis de Bogotá" (DOC). 
  3. Ministerio de Educación Nacional. "Decreto 1584 del 11 de agosto de 1975". Arquivado dende o orixinal (DOC) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 01 de outubro de 2018. decreto por el cual varias edificaciones de Bogotá son declaradas Monumentos Nacionales 
  4. Acosta de Samper, Soledad (1883), Biografías de hombres ilustres y notables Fray Domingo de las Casas
  5. De Alcacer, Fray Antonio (1958), Fray Domingo de Petrés: arquitecto capuchino, Ediciones Seminario Serafico Misional, Bogotá.
  6. Escovar, Alberto, Mariño, Margarita, Peña, César (2004), Atlas histórico de Bogotá 1538-1910, Editorial Planeta, Bogotá, ISBN 958-42-0829-2.
  7. Rodríguez Maldonado, Constanza (1965) La Catedral de Bogotá. Pontificia Universidad Javeriana, Bogotá.
  8. "Los siete tempos capitales". El Espectador. 
  9. Pianeta, Alberto (2006), Iglesias de Colombia: arte y arquitectura, Myra Ediciones, Bogotá, ISBN 958-33-7221-8.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]