Antonio Carro Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Carro Martínez
Nacemento3 de maio de 1923
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e xurista
PremiosGran Cruz da Orde do Mérito Civil, Gran Cruz de la Orden de Cisneros, Gran Cruz de la Orden Civil de Sanidad e Gran Cruz da Orden de Carlos lll
editar datos en Wikidata ]

Antonio Carro Martínez, nado en Lugo o 3 de maio de 1923, é un xurista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Antonio Carro é doutor en Dereito e licenciado en Ciencias Políticas e Económicas. Foi profesor de Dereito Político na Universidade de Madrid e letrado do Consello de Estado. Pertenceu ao Corpo Técnico de Administración Civil e ao Corpo de Secretarios de Administración Local de primeira categoría. Foi procurador en Cortes en dúas lexislaturas das Cortes Españolas en representación do Instituto de Estudos Políticos e noutras dúas como representante familiar electo pola provincia de Lugo. Foi secretario xeral técnico do Ministerio da Gobernación e director do Instituto de Estudos de Administración Local.

Publicou tres libros sobre Dereito e Administración Pública, amais de diversos artigos en prensa especializada.

En 1973 foi nomeado director xeral de Administración Local, e foi ministro da Presidencia no 14º goberno do Franquismo (do 3 de xaneiro de 1974 ao 11 de marzo de 1975) e no 15º (do 11 de marzo ao 12 de decembro de 1975), con Arias Navarro como presidente. Nesa etapa xogou un papel importante no desenvolvemento dos Acordos de Madrid, polos que España abandonaba o Sahara.

Foi deputado na Lexislatura Constituínte de España e en catro lexislaturas máis, elixido por Alianza Popular pola provincia de Lugo.

Foi nomeado Fillo Predilecto da provincia de Lugo e Fillo Adoptivo de Santiago de Compostela, e fóronlles concedidas as grandes cruces do Mérito Civil, Sanidade, Cisneros, do Xugo e as Frechas e de Carlos III.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Derecho Político (1965).
  • Reflexiones sobre aspectos actuales de la Función Pública Española (1974).
  • El Estado y las Fuerzas Armadas (1975).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]