Saltar ao contido

Miguel Herrero de Miñón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMiguel Herrero de Miñón

(2015) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Miguel Herrero y Rodríguez de Miñón Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xuño de 1940 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Presidente do Consello de Estado
13 de febreiro de 2024 – 28 de febreiro de 2024
← Magdalena ValerioCarmen Calvo →
Presidente do Consello de Estado
19 de outubro de 2022 – 10 de novembro de 2022
← María Teresa Fernández de la VegaMagdalena Valerio →
Councillor of State (en) Traducir
22 de maio de 2009 –
Deputado no Congreso dos Deputados
17 de novembro de 1989 – 29 de xuño de 1993

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputado no Congreso dos Deputados
7 de xullo de 1986 – 21 de novembro de 1989

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputado no Congreso dos Deputados
8 de novembro de 1982 – 15 de xullo de 1986

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Representante da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: España

21 de abril de 1980 – 26 de abril de 1982
Substituto na Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: España

22 de novembro de 1979 – 21 de abril de 1980
Concelleiro de Madrid
19 de abril de 1979 – 31 de agosto de 1982 (dimisión)
Deputado no Congreso dos Deputados
20 de marzo de 1979 – 31 de agosto de 1982

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Representante da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: España

23 de xaneiro de 1978 – 22 de novembro de 1979
Deputado no Congreso dos Deputados
29 de xuño de 1977 – 2 de xaneiro de 1979

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Q130148160 Traducir
19 de xullo de 1976 – 23 de abril de 1977
← Pedro Aragoneses AlonsoJuan Antonio Ortega y Díaz-Ambrona (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, avogado Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular (1989–2004)
Alianza Popular (1982–1989)
Unión de Centro Democrático (1976–1982) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeCristina Jáuregui (1975–) Editar o valor en Wikidata
PaiMiguel Herrero García Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm4292100 BNE: XX1004490 Dialnet: 143921 Editar o valor en Wikidata

Miguel Herrero Rodríguez de Miñón[n. 1] , nado en Madrid o 18 de xuño de 1940, é un político e xurista español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formación universitaria

[editar | editar a fonte]

Fillo do catedrático de instituto e hispanista Miguel Herrero García,[1] estudou Dereito en Madrid, onde, segundo di nas súas Memorias de estío, pasou por "más estudioso que estudiante". Logo de licenciarse en 1961, doutorouse en 1965 cunha tese sobre o Dereito Constitucional xurdido trala descolonización. Completou a súa formación en Oxford, en París e en Lovaina, onde se licenciou en Filosofía en 1968. Letrado do Consello de Estado desde 1966, comezou a colaborar en prensa -Diario Ya, Diario Madrid, Informaciones-, difundindo as súas ideas sobre o que debería ser a transición á morte de Francisco Franco.[2] En 1975 casou con Cristina Jáuregui Segurola, filla de Ramón Jáuregui Epalza e M.ª Luisa Segurola Guereca.

En 1980.

Actividade política

[editar | editar a fonte]

Rodríguez de Miñón foi Secretario General Técnico do Ministerio de Xustiza, colaborando de maneira moi activa na primeira amnistía (1976), na Lei para a Reforma Política e na primeira normativa electoral da democracia. Participou na elaboración da Constitución de 1978 e ocupou o cargo de portavoz no Congreso dos deputados, tanto do partido do Goberno (UCD) como da oposición (AP). Foi deputado de UCD entre 1977 e 1981. Algúns autores sinálano como un dos artífices da «operación de acoso e derribo» contra Adolfo Suárez, que remataría coa súa coroación como xefe do grupo parlamentario da UCD.[3] Herrero de Miñón tamén tería mantido contactos con líderes políticos da oposición co obxectivo de sacar a Suárez do poder.[4][n. 2]

Abandonou UCD en febreiro de 1982, ingresando en xullo dese ano en Alianza Popular.[6][7] Foi elixido deputado de AP e do PP nos comicios de 1982, 1986 e 1989.

En 1979 foi elixido concelleiro do concello de Madrid nas eleccións municipais de abril.[8][9] En 1987 optou á Presidencia de Alianza Popular, pero foi derrotado por Antonio Hernández Mancha.

Actividade profesional

[editar | editar a fonte]

A súa dilatada carreira profesional inclúe os postos de conselleiro do Banco Exterior de España, vicepresidente da Comisión Xurídica, da Asemblea Consultiva do Consello de Europa (1979-1982) e vicepresidente da Comisión Política da Asemblea do Atlántico Norte, órgano do que formou parte de 1983 a 1993. Ademais, foi membro da Comisión Trilateral.

Militou no Partido Popular ata 2004.[10]

Estudoso do dereito constitucional e as relacións internacionais, publicado numerosos traballos, colaborou asiduamente en prensa e radio, e exerceu tamén como avogado e consultor.

Participou, entre 1998 e 2009, semanalmente na Tertulia de sabios xunto a Santiago Carrillo, exsecretario xeral do Partido Comunista de España, Ernest Lluch e Pere Portabella no programa La Ventana da Cadena SER.[11] Abandonou o programa debido ao seu nomeamento como membro permanente do Consello de Estado.

Foi membro do Tribunal Constitucional de Andorra entre 2001 e 2009, presidíndoo entre 2001 e 2003.[12]

Miguel Herrero é asiduo colaborador da Universidade Internacional Menéndez Pelayo.

Academias e asociacións ás que pertence

[editar | editar a fonte]
  • Membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas dende o 9 de abril de 1991.[8]
  • Membro correspondente da Academia Nacional de Derecho de Buenos Aires (2017).
  • Membro correspondente da Academia Nacional de Derecho de Córdoba (2017).
  • Membro correspondente da Academia Nacional de Ciencias Morales y Políticas de la República Argentina.

Ideoloxía

[editar | editar a fonte]

Autopresentado como «españolista de la España Grande»,[13] foi encadrado como representante dunha corrente minoritaria do nacionalismo de tipo neoforalista no espazo conservador español.[14]

  • El principio monárquico (1971)
  • Idea de los derechos históricos (1991)
  • Memorias de estío (1993)
  • La reforma del Senado (1996)
  • El aguijón. Un relato de ficción (1997)
  • Derechos históricos y Constitución (1998)
  • 20 años después. La constitución cara al siglo XXI (1998)
  • El valor de la Constitución (2003)
  • Cádiz a contra pelo: 1812-1978 : dos constituciones en entredicho (2013)[15]

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  1. Tamén citado simplemente como Miguel Herrero de Miñón.
  2. A este respecto, o escritor Gregorio Morán sinala:
    La trayectoria política de Miguel Herrero de Miñón se caracterizó más por su eficacia destructora que por su capacidad creadora; nunca consiguió que alguien se fiara de él por mucho tiempo.[5]
  1. , Isidro (2012). ALMUD, ed. Educación, Ciencia y Cultura en España: Augue y colapso (1907-1940). Pensionados de la JAE (en español). Cidade Real: Ediciones de Castilla-La Mancha. p. 257. ISBN 9788493977580. 
  2. Diario Vasco, 18 de julio de 1968
  3. Morán 2009, pp. 246-247.
  4. Morán 2009, p. 246.
  5. Morán 2009, p. 247.
  6. "Herrero de Miñón solicitará hoy su ingreso en AP". El País. 7 de julio de 1982. Consultado o 25 de marzo de 2016. 
  7. Martín Aguado & Vilamor 2012, p. 185.
  8. 8,0 8,1 "Concejales electos por Madrid". El País. 5 de abril de 1979. 
  9. "Miguel Herrero y Rodríguez de Miñón". Real Academia de Ciencias Morales y Políticas. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 30 de marzo de 2020. 
  10. "Los sabios que hicieron la Constitución". RTVE. 28 de noviembre de 2008. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 30 de marzo de 2020. 
  11. "Miguel Herrero de Miñón se despide de La Ventana en CADENASER.COM". Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2011. Consultado o 30 de marzo de 2020. 
  12. "Tribunal Constitucional de Andorra". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2014. Consultado o 30 de marzo de 2020. 
  13. Lacasta Zabalza 1999.
  14. Núñez Seixas 2005, p. 128.
  15. Alli Aranguren 2013, pp. 759-797.
  16. "Nombramientos. La Universidad Pontificia de Comillas nombra doctores honoris causa a los artífices de la Constitución española". ABC (Madrid). 20 de noviembre de 2018. p. 60. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]