Augustin Pyrame de Candolle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAugustin Pyrame de Candolle

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Augustin-Pyramus de Candolle Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de febreiro de 1778 Editar o valor em Wikidata
Xenebra (Republic of Geneva) Editar o valor em Wikidata
Morte9 de setembro de 1841 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Xenebra Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio dos Reis, secteur 3 tombe 219 Editar o valor em Wikidata
Catedrático Universidade de Montpellier
1807 – 1816
Dean for the Academy of Montpellier (en) Traducir

← Victor de Bonald (pt) TraducirCharles Blanquet du Chayla (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuíza (desde 1815)
Formación profesionalDoutor en Medicina
EducaciónCollège Calvin (1794–)
Universidade de Xenebra
Universidade de París Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoTaxonomía, ciencias naturais, botánica, economic botany (en) Traducir, Agronomía, Fitoxeografía, paleontoloxía, Homoloxía e Cronobioloxía Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Xenebra (1816–)
Montpellier (1807–)
París (1798–) Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbotánico , zoólogo , catedrático , naturalista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Montpellier, Universidade de Xenebra
Membro de
Influencias
Linguafrancés, latín
Obra
Obras destacables
Abreviación dun autor en botánicaDC. Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAnne Françoise de Candolle, nada Torras (desde 1802)
FillosAlphonse Pyrame de Candolle
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: De_Candolle-6

Augustin Pyrame de Candolle, nado en Xenebra o 4 de febreiro de 1778, e finado na mesma cidade o 9 de setembro de 1841, foi un médico e botánico (especializado en brioloxía, pteridoloxía e micoloxía) suízo. É coñecido por ser un dos fundadores, con Linneo, da sistemática taxonómica moderna para clasificar as plantas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De familia provenzal, exiliada de Francia polas súas conviccións calvinistas durante o século XVI, de Candolle estudou o bacharelato, desde 1794, no Collège Calvin da súa cidade natal, e medicina nas universidades de Xenebra e París. Durante os seus estudos universitarios, e baixo a dirección de René Desfontaines, iniciouse na botánica, á que se afeccionou intensamente. Dedicouse a ela de tal maneira que, só tres anos máis tarde, en 1799, publicou a súa Histoire Plantarum Succulentarum ("Historia das plantas suculentas") e, en 1802, unha Astragalogía.

En 1804 doutorouse en medicina, cunha tese sobre as propiedades medicinais das plantas. O seu crecente renome fixo que Lamarck o encargase da reedición da súa Flore française (Flore Francaise, ou Descriptions Succinctes de Toutes les Plantes qui Croissent Naturellement en France..., catro tomos en 5 vols. en 1805 e o tomo 5, vol. 6, en 1815), un traballo que o ocuparía até 1815.

En 1807 foi nomeado catedrático de botánica na Facultade de Medicina da Universidade de Montpellier, como sucesor de Pierre Marie Auguste Broussonet.

En 1813 resumiu os principios teóricos das súas investigacións anteriores nunha Théorie élémentaire de la botanique, e terminou cuñando o termo taxonomía, que derivou de dúas palabras do grego antigo: τάξις táxis "ordenamento", e νόμος nomos, "uso", "maneira", "regra", "norma".

Tras a restauración da monarquía borbónica francesa en 1814 debeu abandonar Francia, e regresou á súa Xenebra natal, onde se fundou unha cátedra de Historia Natural e un xardín botánico expresamente para el.

Durante esa época emprendeu o titánico traballo de describir todas as plantas coñecidas. En 1824 puido publicar a primeira parte co título de Regni vegetabilis systema naturale ("Sistema natural do reino vexetal"), pero a obra ocuparíalle até a súa morte e tivo que ser acabada polo seu fillo, Alphonse Pyrame de Candolle.

Na súa versión final, o texto comprende máis de 90 000 especies.

Obra[editar | editar a fonte]

Ilustración de Kalanchoe laciniata en Plantarum Historia Succulentarum

A clasificación ocupa para de Candolle un lugar esencial na súa concepción da morfoloxía, considerando á anatomía comparada como o instrumento central para a clasificación, pois só ao seu través podemos distinguir as semellanzas formais das funcionais. De Candolle enunciou, así, unha des primeiras distincións entre analoxía e homoloxía. A partir das relacións homolóxicas, de Candolle foi un gran defensor da existencia metafísica dun tipo do que poderían derivarse todas as formacións vexetais.

No mesmo marco morfoloxista, de Candolle desenvolveu, paralelamente a Goethe, toda unha teoría sobre a metamorfose das plantas.

Honores[editar | editar a fonte]

Epónimos[editar | editar a fonte]

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura DC. emprégase para indicar a Augustin Pyrame de Candolle como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rhodora 68 (776): 429. 1966 [28 de decembro de 1966] (GCI)
  2. Annales de Museum d'Histoire Naturelle, París xuño de 1805 (APNI)
  3. DC. – Augustin Pyramus de Candolle (1778-1841) no IPNI.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Albrecht, Urs (2010). "A History of Chronobiological Concepts". The Circadian Clock. Springer New York. pp. 1–35. ISBN 978-1-4419-1262-6. 
  • Allaby, Michael (2010). Plants: Food, Medicine, and the Green Earth. Infobase Publishing. ISBN 978-0-8160-6102-0. 
  • Candolle, Augustin Pyrame de (1813). Théorie élémentaire de la botanique, ou Exposition du principe de la classification naturelle et de l'art de décrire et d'étudier les végétaux. Paris: Déterville. 
  • Waggoner, Ben (7 de xullo de 2000). "Carl Linnaeus (1707–1778)". University of California Museum of Paleontology. University of California. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2011. Consultado o 26 de xullo de 2022. Linneo admitiu libremente que isto produciu unha "clasificación artificial", non unha natural, que tería en conta todas as similitudes e diferenzas entre os organismos.. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]