Antigo templo de Atenea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antigo templo de Atenea
Athen Erechtheum BW 2017-10-09 13-47-38.jpg
Os alicerces do antigo templo pódense observar diante do Erecteion.
Presentación
Nome localΙερό της Πολιάδος Αθηνάς
LocalizaciónAtenas Grecia Grecia
DirecciónAcrópole de Atenas
Coordenadas37°58′17″N 23°43′36″L / 37.9715, 23.7267
EstiloÉpoca arcaica
TipoTemplo grego
PropietarioGoberno de Grecia
Construción
Inicio525 a.C.
Remate500 a.C.
Destruído480 a.c. (Guerras persas)
Dimensións
Superficie21´3 m por 43´15 m
Altura máxima(altura en antena)
Altura da azotea(altura en azotea)
Altura da última planta(altura en piso máis alto)
Equipo
Arquitecto(s)Descoñecido
Atenas en Grecia
Atenas
Atenas

O Antigo templo de Atenea era un edificio situado na Acrópole de Atenas, construído antes do -625 en pedra e rodeado por un pórtico de columnas en madeira, substituíndo un importante santuario dedicado a Atenea do século -VII edificado á súa vez sobre un palacio micénico.

Durante os anos -600 - -590 construíuselle a columnata de pedra e fíxose a decoración escultórica dos frontóns con temas de Heracles. Na época de Pisístrato, sobre o -525, reformouse de novo e nun dos seus frontóns realizouse unha representación da xigantomaquia e que tiña á deusa Atenea Polias, a deidade patronal da cidade de Atenas, no seu tema principal. Os restos deste templo poden observarse entre o Partenón e o Erecteion.

Foi destruído polas Guerras Persas en 480 a.C., durante a destrución de Atenas. Estaba situado no centro da meseta da Acrópole, probablemente edificado sobre un palacio micénico. O complexo ás veces descríbese co nome de "alicerces Dörpfeld", na honra do arqueólogo que atopou o lugar do templo. Coñecese como "Archaios Neos" (Templo antigo) polos gregos.

Descrición[editar | editar a fonte]

Plano do Templo[editar | editar a fonte]

Alicerces do Antigo Templo de Atenea, fronte ao Erecteion. Destruído polos exércitos de Xerxes I, no 480-479 a.C.
Alicerces do antigo templo de Atenea.
Antigo templo de Atenea (restaurado).
Plano do antigo templo de Atenea. Localización do antigo templo de Atenea é #2.

Os alicerces suxiren a seguinte descrición básica: O templo mide 21,3 por 43,15 m. Estaba rodeado por unha perístase de 6 por 12 columnas. A diferenza entre os eixes das columnas era de 4,04 m, estreitándose a 0,31 m nas esquinas. A Estilóbata estaba lixeiramente curva, se isto tamén se aplicou á superestructura aínda non está claro. En ambos pórticos e opistódomos, situáronse dúas columnas entre as curtas antae. O edificio principal tiña dous santuarios internos, a cella leste e a cella oeste,[1] que era moi curto, de feito case cadrado, e subdividido en tres corredores por dúas ringleiras de tres columnas cada unha. Seguido por un par de cuartos lado a lado. Os alicerces estaban compostos por diversos materiais e construíronse con diferentes técnicas. Mentres que as partes de carga e soportes internos estaban feitas de pedracalcaria azul da acrópole, os alicerces da peristase circundante eran depedra porosa. A superestructura e as pezas decorativas parecen tamén estar feitas a partir de diversos materiais, incluíndo pedra porosa e mármore de Paros.

Escultura[editar | editar a fonte]

Frontóns[editar | editar a fonte]

O antigo templo de Atenea tiña dous frontóns duns 15 m. de lonxitude.[2] O frontón sobrevivente representa a Xigantomaquia, a loita entre Deuses e xigantes, eventualmente vencidos polos deuses. A figura central mostra a deusa Atenea vestida cunha éxida cuberta de escamas e bordeada por serpes obtidas dun monstro que derrotou anteriormente. Pénsase que golpea un xigante que cae, cuxo pé é o único que queda.[2] Os estudiosos cren que este frontón orixinalmente contiña un carro frontal no centro con catro cabalos e Zeus "dentro do carro, apuntando unha frecha cara a Atenea.[3] Esta imaxe amosa tamén a Atenea sostendo unha serpe e achegándose a un xigante.[1]

Outra figura mostra un xigante deitado, mentres que dúas figuras laterais, unha colocada nas esquinas do frontón, representa dous xigantes caídos máis. Outras restos atribuídos ao templo inclúen un Entaboamento e sima de mármore de Paros e calcaria porosa, capiteis cun echinus empinado, unha escultura de mármore que representan unha procesión de nádegas de mármore en cada unha das catro esquinas, en forma de cabezas de leóns e carneiros. [1]

Xoanon[editar | editar a fonte]

No edificio principal do templo había dúas partes, un dos espazos na Cella leste, contiña un antigo Xoanon ou a estatua de madeira de Atenea, que creían que caera do ceo,[1] ou caera de Zeus.[2] A estatua de madeira de Atenea permaneceu no antigo templo de Atenea ata que se rematou o Erecteion ao redor do 406 a.C. Non hai rastros da estatua de madeira da deusa Atenea, e probablemente foi destruída durante o saqueo dos persas no 480 aC. A estatua do Xoanon estaba feita de madeira de oliveira.[1]

Escavación e Reconstrución[editar | editar a fonte]

Wilhelm Dörpfeld[editar | editar a fonte]

Restos arquitectónicos do Antigo Templo de Atenea incorporados ao muro norte da Acrópole por Temístocles, ao redor do 478 a.C.
Restos do Antigo Templo de Atenea integrado no muro norte da Acrópole por Temístocles, ao redor de 478 a.C.[4]

Wilhelm Dörpfeld foi a Atenas en 1885[5] onde foi o primeiro en identificar o templo. Wilhelm Dörpfeld asumiu que a estrutura orixinal era un templo dobre "In antis", que databa do 570 a. C., alargado e ampliado pola adición do Peristasis baixo o reinado de Pisístrato, o entre o 529 e 520 a.C.[6] Esta idea levou a unha subdivisión dos alicerces nunha estrutura máis pequena e coñecida como "H-Architektur" e que se supón que era a parte máis antiga do edificio, seguido dunha estrutura que aínda e descrita como o "Antigo Templo de Atenea", que inclúe o interior do "H-Architektur" así como a Peristasis externa.

Só quedan os alicerces do seu lado meridional, cara ao Erecteion, xunto coas bases de dúas columnas de pedra do templo xeométrico. Ao leste do edificio, na rocha da base, hai rastros do altar de Atenea correspondentes ao templo. Tamén se conservan partes da decoración escultórica que se cre que pertencen a este templo, en particular. os restos dun frontón que representaba a Xigantomaquia.[7]

Galería[editar | editar a fonte]


Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Brouskai (1997), pp. 211-302
  2. 2,0 2,1 2,2 Franzi (1970), pp. 5-92
  3. Moore, Mary (1995). "The Central Group in the Gigantomachy of the Old Athena Temple on the Acropolis". American Journal of Archaeology 99: 633. 
  4. Old Temple of Athena, museum notice. 2019. 
  5. Ferrari, Gloria (2002). "The Ancient Temple on the Acropolis at Athens". American Journal of Archaeology 106: 11–35. JSTOR 507187. 
  6. Wilhelm Dörpfeld: Der alte Athenatempel auf der Akropolis. In: Mitteilungen des Deutschen Archäologischen Institus, Abteilung Athen. Vol. 11, 1886, p. 337–51; Wilhelm Dörpfeld: Der alte Athenatempel auf der Akropolis II. In: Mitteilungen des Deutschen Archäologischen Institus, Abteilung Athen. Vol. 12 (1887), 25–61. 190–211; Wilhelm Dörpfeld: Das Hekatompedon in Athen. In: Jahrbuch des Deutschen Archäologischen Institus. Vol. 34, 1919, p. 1–40; William B. Dinsmoor: The Hekatompedon on the Athenian Acropolis. In: American Journal of Archaeology. Vol. 51, 1947, p. 109–51.
  7. Páxina do Museo da Acrópole: l Antigo templo de Atenea (en grego).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Brouskai, Maria (1997). The Monuments of the Acropolis (en inglés). Atenas: Archaeological Receipts Fund. 
  • Frantzi, Helen (1970). The Acropolis (en inglés). Atenas: Voutsas. 
  • González, José Pascual (2001). Apuntes para un viaje a Grecia. Segovia: Editorial Nóstos. ISBN 84-609-3868-9. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]