Santuario de Asclepio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O santuario de Asclepio foi fundado o ano -418 e está situado na parte noroeste do Teatro de Dioniso na acrópole de Atenas, dedicandoo ao deus da medicina Asclepio (Esculapio). Foi Telémaco quen logrou trasladar o culto do deus da saúde desde Epidauro.

Constaba dun templo dórico cunha monumental porta a maneira de propileo da época romana cun grande altar e un pórtico de dúas alturas. Na parte esquerda atopábase unha stoá con 17 columnas na fronte, onde se aloxaban os doentes. Atopábase moi próximo do edificio unha fonte de augas mineromedicinais.


Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Maggi, Stefano & Troso, Cristina: Los Tesoros de Grecia. 2006. Madrid, Editorial Libsa. ISBN 84-662-1336-8