Pandroseion

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Reconstrución do Pandroseion como sería sobre o -421

O Pandroseion (en grego, Πανδρόσειον) foi un santuario localizado na Acrópole de Atenas. Estaba dedicado a Pándroso, unha das fillas de Cécrope I[1] o primeiro rei de Atenas. Ela, foi a primeira sacerdotisa de Atenea. Estaba localizado no lado norte de la meseta de la Acrópolis, un lugar dedicado aos mitos áticos ocupando, polo leste, o espazo adxacente ao Erecteión, polo sur o espazo próximo ao antigo templo de Atenea e tiña, ao norte, o Hecatompedón.[2]

Planta do Pandroseion (1 = Templo de Pandrosa , 2 = Stoa, 3 = Pandroseion / Cécropion, 4 = Altar de Zeus Herkéios, 5 = Oliveira sagrada, 6 = Thalassa, filla de Poseidon, 7 = Stomion, 8 = Tridente de Poseidon, 9 = Localizacion do futuro Erecteion).

O santuario consistía nun patio rectangular que contiña o altar de Zeus Herkeios (protector do fogar) e a oliveira sagrada que Atenea regalara á cidade de Atenas, tras a súa vitoria sobre Poseidón na loita polo país de Ática. O monumento consistía nun patio rectangular parcialmente rodeado de muros. Los restos máis antigos do período micénico foron descubertos nesta área.

Xunto coa ninfa do rocío, Pándrosa, (grego antigo: Πανδρόσος, de δρόσος, rocío), tamén foi adorada aquí a outra deusa da fertilidade, Thallo (Θαλλώ, o portador de flores).[3]

A esquina sueste daba acceso á tumba de Cécrope.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lefèvre (1876), pp. 87-88
  2. Pausanias: Descripción de Grecia I.27.2
  3. "PAUSANIAS, DESCRIPTION OF GREECE 9.23-40 - Theoi Classical Texts Library". www.theoi.com. Consultado o 2023-10-02. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]