Templo de Atenea Nike

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Templo de Nike Áptera")
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Coordenadas: 37°58′17″N 23°43′30″L / 37.97139, -23.72500

Templo de Atenea Nike
Temple of Athena Nike.jpg
Presentación
Nome local Ναός Αθηνάς Νίκης
Localización Atenas, Grecia Grecia
Estilo Arquitectura clásica
Tipo Templo grego
Propietario Goberno de Grecia
Construción
Inicio 421 a. C.
Equipo
Arquitecto(s) Calícrates

O Templo de Atenea Nike (en grego antigo Ναός Αθηνάς Νίκης: Atenea Vitoriosa) ou Nike Áptera (Αθηνάς Νίκης: Vitoria sen ás) conmemora a vitoria sobre os persas na batalla de Salamina (448 a. C.). A idea da súa construción na Acrópole de Atenas, xurdiu no 449 a. C., trala paz cos persas. Porén, Pericles opúxose ao levantamento do mesmo e non se comezaron as obras ata o 421 a. C., comezada xa a Guerra do Peloponeso (431 a. C. - 404 a. C.).

Historia[editar | editar a fonte]

O proxecto encargáronllo Calícrates (Καλλικράτης), arquitecto que tamén colaborou na construción do Partenón xunto con Ictino, e que deseñou un templo de orde xónica que tivo que adaptarse ao pequeno espazo que se lle asignou: un bastión (torre grande) dos Propileos, que domina o ascenso á Acrópole.

No seu interior houbo un xóanon, imaxe de Atenea personificada como Nike, ou deusa alada, símbolo das vitorias navais, á que lle cortaron as ás (áptera: sen ás) para que nunca puidese abandonar a cidade. Pero o templo non estaba destinado a grandes reunións, para iso tiña enfronte un altar que permitía celebrar cerimonias ao aire libre.

O templo no seu estado actual foi fielmente restaurado, pero perdeu parte do friso, a cuberta e os frontóns.

Vistas[editar | editar a fonte]

Alzado reconstruído hipoteticamente.
Planta.
  • A planta, de moi pequenas dimensións, é propia dun templo anfipróstilo-tetrástilo, no que tanto o vestíbulo dianteiro (pronaos) como o traseiro (opistodomos) se converten en pequenos pórticos. A cella ou sala da deusa, é case cadrada (4 x 4 metros). É, polo tanto, un templo moi pequeno, de dimensións humanas; moi harmonioso nas súas proporcións. Todas as medidas están matematicamente estudadas para daren esa sensación de esvelteza, a pesar do seu escaso tamaño.
Restos do Friso.
tenea atándose unha sandalia.AB
  • A decoración escultórica no friso do templo, que representa a Atenea, Zeus e Poseidón axudando os atenienses, é sen dúbida un intento de elevar a moral da cidade, que naqueles anos estaba sumida noutra contenda que acabaría perdendo, a Guerra do Peloponeso. Así mesmo, o parapeto do bastión sobre o que se alza o edificio foi decorado con relevos (entre eles o de Atenea atándose a sandalia) intentando expresar a determinación pola vitoria que nunca chegou. Este paramento, obra da escola de Fidias mostra as súas principais características, como os panos mollados (xa esculpidos ao trépano) ou figuras divinas (como a propia Atenea) en accións "cotiás" como atarse unha sandalia, que demostran o afastamento do idealismo do primeiro clasicismo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]