Antón Dobao
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de xullo de 1963 (61 anos) Lugo, España |
Formación profesional | Filoloxía galega |
Actividade | |
Ocupación | escritor, tradutor, cineasta |
Xénero artístico | Poesía, narrativa |
Xosé Antón López Dobao, coñecido como Antón Dobao, nado en Lugo o 16 de xullo de 1963, é un escritor, tradutor e cineasta galego.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Filoloxía galega pola Universidade de Santiago de Compostela, onde foi Profesor Asociado da Facultade de Ciencias da Información. Traballa como lingüista na TVG desde 1986. Membro do comité de redacción da revista A Trabe de Ouro.
Participou no ano 2003 no libro Xuro que nunca volverei pasar fame, editado polas Redes Escarlata, organización á que pertence. Tamén é un dos impulsores de ProLingua.
A súa actividade como cineasta desenvólvese principalmente arredor do proxecto Un mundo de historias.
Foi membro da Coordinadora Nacional e da Comisión Permanente da organización Anova-Irmandade Nacionalista, das que dimitiu tras as eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020. En xaneiro de 2024, abandonou a organización.
Obra literaria
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Desde o teito da noite (1987). Vigo: Xerais. 48 páxs. ISBN 9788475072753.
- Caderno dos dereitos e das horas (1994). Deputación da Coruña.
- O tempo entre murallas (1997) Vigo: Xerais. 120 páxs. ISBN 9788483020975.
- Materia (2005). Vigo: Xerais. 88 páxs. ISBN 978-84-9782-321-0.
- Onde o ollar comeza a doer (2007). Santiago: Sotelo Blanco. 88 páxs. ISBN 9788478245314.
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Incertos (2008). Vigo: Xerais. 152 páxs. ISBN 978-84-9782-705-8. (relatos).
- As ilusións estrañas (2014). Vigo: Galaxia. 160 páxs. ISBN 978-84-9865-543-8. (relatos).
- O tigre na boca do lagarto (2024). Vigo: Xerais. 184 páxs. ISBN 978-84-1110-560-6. ePub: ISBN 978-84-1110-565-1. (relatos).
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo.
- XII Festival da Poesia no Condado, 1992, S. C. D. Condado.
- XIII Festival da Poesia no Condado, 1993, S. C. D. Condado.
- Para saír do século. Nova proposta poética, 1997, Xerais.
- A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia.
- Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
- Xuro que nunca volverei pasar fame, 2003, Difusora.
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.
- Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, 2011, A Nave das Ideas.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
Traducións
[editar | editar a fonte]- A revolta dos animais de George Orwell, 1992, Positivas.
- As once mil vergas de Guillaume Apollinaire, 1992, Positivas, col. Popular (tradución dos poemas. O texto narrativo foi traducido por Ana Castiñeira Real)[3]
- Mr. Vertigo de Paul Auster, 1996, Sotelo Blanco.
- Nove contos de J. D. Salinger, 1996, Sotelo Blanco.
- Se comes un limón sen facer xestos de Sergi Pàmies, 2008, Xerais.
Premios
[editar | editar a fonte]- Accésit do Premio Miguel González Garcés no 1994, por Caderno dos dereitos e das horas.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Dentro do proxecto Un mundo de historias, dirixiu:
- A biblioteca da iguana, 2005.
- O bosque de Levas, 2006.
- A mariñeira, 2007.
- O club da calceta, 2008.
- Sinbad, 2011.
Como produtor:
- Pataghorobí, 2005.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dobao, Antón". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-07-04.
- ↑ "X. Antón Dobao - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-07-04.
- ↑ Ficha da obra Arquivado 01 de decembro de 2017 en Wayback Machine. en BITRAGA.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Antón Dobao na Biblioteca Virtual Galega.
- Filmografía en AVG
- Xustiza Poética, Blog de Antón Dobao
- República da Multitude, Blog de Antón Dobao (pechado)