Mr. Vertigo
| Mr. Vertigo | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
|
Forma artística
| |||||||||
|
Xénero
| |||||||||
|
Lingua
| |||||||||
| Autoría | |||||||||
|
Autor/a
| |||||||||
| Temática | |||||||||
|
Tema principal
| |||||||||
|
Ambientado en
| |||||||||
|
Época ambientación
| |||||||||
| Publicación | |||||||||
|
Editorial
| |||||||||
|
Edicións
| |||||||||
| Datas | |||||||||
| |||||||||
| Cronoloxía | |||||||||
| |||||||||
| Localización | |||||||||
| |||||||||
| Identificadores | |||||||||
| |||||||||
| Wikidata | |||||||||
Mr. Vertigo é unha novela de Paul Auster publicada en 1994. Foi traducida ao galego por Antón López Dobao e publicada por Sotelo Blanco en 1996.
O autor combina o fantástico coa crúa realidade sufrida nos Estados Unidos entre a Gran Depresión e a segunda guerra mundial.
Trama
[editar | editar a fonte]Walter Claireborne Rawley é un rapaz orfo, que vivía en Saint Louis cos seus tíos até que coñece ao Mestre Yehudi, un personaxe carismático e misterioso, que lle promete aprenderlle a voar.
Tras un período de aprendizaxe nunha casa rural en Kansas, percorren o Medio Oeste e a costa atlántica co seu espectáculo de levitación. Pouco antes de actuar en Nova York, Walt comeza a ter problemas á hora do seu espectáculo, debido a unhas fortes dores de cabeza. Deciden marchar a Hollywood para facer carreira no mundo do cinema, pero ao chegaren a California son atracados polo tío de Walt, que lle gardaba xenreira dende anos atrás. Walt vaga durante tres anos polo país, e recala en Chicago, onde fai negocios ao abeiro da Lei seca. Logo é obrigado a alistarse no exército durante a segunda guerra mundial. Rematado o conflito, recala en Newark, onde vive felizmente 23 anos. Tras quedar viúvo, pasa por un período de alcoholismo, e nunha viaxe a Denver decide retornar á casa de Kansas, onde remata os seus días.