Antón Arieta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Antón Arieta-Araunabeña»)
Arieta II
Información persoal
Nome Antón Arieta-Araunabeña Piedra
Nacemento 6 de xaneiro de 1946
Lugar de nacemento Durango
Falecemento 7 de maio de 2022
Lugar de falecemento Durango
Altura 1,74 m.
Posición dianteiro
Carreira xuvenil
1960–1964 Athletic
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1964–1974 Athletic 265 (62)
1974–1976 Hércules 44 (7)
Total 309 (69)
Selección nacional
1964 España B 1 (1)
1970–1973 España 7 (3)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Antón Arieta-Araunabeña Piedra coñecido como Antón Arieta ou Arieta II, nado en Durango o 6 de xaneiro de 1946 e finado o 7 de maio de 2022,[1] foi un futbolista español. Xogaba de dianteiro e desenvolveu case toda a súa carreira deportiva no Athletic Club, co que disputou 363 partidos oficiais, marcando 82 goles.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formado na canteira do Athletic Club, subiu ao primeiro equipo na tempada 1964/65. Foi coñecido como Arieta II para diferencialo do seu irmán máis vello, Eneko Arieta, que levaba xa 13 anos xogando no Athletic.

Debutou o 13 de setembro de 1964, nunha vitoria ante o Elche en San Mamés (2-1),[3] e marcou os seus primeiros dous goles dúas xornadas despois, na vitoria por 3-2 sobre o Valencia. Quitoulle a titularidade a seu irmán e acabou a súa primeira campaña como o máximo goleador do equipo, con 13 tantos. Co paso das tempadas formou unha das dianteiras máis recoñecidas do club, xunto a Argoitia, Uriarte, Clemente e Txetxu Rojo. Xogou un total de 10 anos no primeiro equipo branco e vermello e gañou dúas Copas do Xeneralísimo, en 1969 e 1973, marcando gol nas dúas finais.[4][5]

Na tempada 1974/75 fichou polo Hércules, que se reforzou ese ano con outros xogadores como Santoro, Giuliano, Quique, Juan Carlos ou Barrios. Na súa primeira tempada, ás ordes de Arsenio Iglesias, o conxunto alacantino logrou a mellor clasificación da súa historia en Primeira División, un quinto posto, contribuíndo Arieta con 6 goles. Despois dunha segunda tempada en Alacante, rematando no sexto posto, puxo fin á súa carreira futbolística.

Selección española[editar | editar a fonte]

Foi internacional absoluto coa selección española en 7 partidos, conseguindo tres goles. Debutou o 11 de febreiro de 1970, nun amigable Alemaña Federal no Ramón Sánchez Pizjuán, marcando os dous goles do seu equipo naquel partido (2-0). O 12 de xaneiro de 1973 xogou o seu último partido coa selección nacional, contra Hungría, marcando o único gol do partido.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fallece Anton Arieta, gran goleador rojiblanco" [Death of Anton Arieta, great red-and-white scorer] (en castelán). Athletic Club. 7 de maio de 2022. Consultado o 7 de maio de 2022. 
  2. Ramos, Jesús (24 de novembro de 2018). "Arieta II, un superclase del fútbol español". Marca (en castelán). Consultado o 11 de marzo de 2022. 
  3. Vivanco, Joseba (12 de outubro de 2014). "Arieta II, a 50 años de su debut". Gara (en castelán). Consultado o 11 de marzo de 2022. 
  4. "Anton Arieta, el León de Durango". Memorias del Fútbol Vasco (en castelán). 25 de xuño de 2014. Consultado o 11 de marzo de 2022. 
  5. Relaño, Alfredo (22 de febreiro de 2016). "La marcha triunfal de Ronnie Allen murió en Atocha". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 11 de marzo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]