Gara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Gara (en éuscaro "Somos") é un xornal bilingüe en éuscaro e castelán editado en Donostia, Euskadi, aínda que tamén publica artigos en francés. É unha publicación de ideoloxía esquerdista e independentista vasco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gara xurdiu en 1999 para encher o espazo deixado polo xornal da esquerda abertzale Egin, pechado por orde xudicial polo xuíz Baltasar Garzón. No marco do sumario 18/98, Garzón actuara contra os que consideraba diversos "instrumentos operativos" de ETA, relacionados tanto co seu soporte financeiro como coa "difusión das formulacións da súa estratexia". Así, tras desmantelar varias empresas e organismos pola súa suposta relación coa estrutura financeira de ETA, Garzón decretou o 15 de xullo de 1998 o peche do diario Egin, xunto coa radio Egin Irratia e outras entidades relacionadas, por consideralas parte da estrutura de ETA[1].

Medio ano despois, o 30 de xaneiro de 1999, saíu á rúa o primeiro número de Gara. En 2008 ya contaba cuns 97000 lectores diarios.[2]

Acabada a instrución do caso Egin, a Audiencia Nacional rebaixou a acusación de colaboración con banda armada, o que facía inxustificado o peche. Para entón, Orain S.A. xa entrara en bancarrota, e o oco de Egin fora cuberto polo diario Gara.

Nacemento de Gara[editar | editar a fonte]

Catro meses despois da firma do Pacto de Estella, e desde a súa saída á rúa, o rotativo fixo seu "o propósito de resolución, desde o respecto aos principios democráticos e á realidade nacional vasca, do conflito histórico que afecta a Euskal Herria". O propio diario asegurou no seu primeiro número que "non pode desvincularse, xa que logo, o proxecto informativo de Gara dese contexto global que vive o país, como tampouco dunha circunstancia ocorrida seis meses antes do seu nacemento".

O 9 de xaneiro de 1999, como adianto do novo diario, difundiuse un "número cero". Este expuña as razóns para crear o novo periódico, así como os principais elementos da súa liña, tanto informativa como editorial.

Capital popular[editar | editar a fonte]

O novo diario naceu logo dunha campaña popular tras a cal unhas 10.000 persoas convertéronse en accionistas do rotativo. O capital co que partiu o novo proxecto foi de 1.000 millóns de pesetas, achegados por eses accionistas populares, co que se creou a empresa Euskal Herriko Komunikabide Elkartea (Asociación de Medios de Comunicación de Euskal Herria).

Esta empresa tamén é responsábel do proxecto dixital Naiz dende 2012.[3] Ambos medios comparten liña editorial co diario Le Journal du Pays Basque, editado por Baigura en Iparralde, e a radio Infozazpi, impulsada pola asociación sen ánimo de lucro Aztibegia. Pola súa parte, a editorial Baigorri é a encargada de publicar Gara.[4]

Redacción[editar | editar a fonte]

A primeira redacción do diario estaba formada por 65 profesionais, baixo a dirección da xornalista Mertxe Aizpurua, natural da vila guipuscoana de Usurbil. En febreiro de 2004, Josu Juaristi, daquela o redactor xefe, tomou o relevo. O 30 de xaneiro de 2011, este foi relevado por Iñaki Soto, actual director do diario.

Escuchas telefónicas[editar | editar a fonte]

O 14 de xullo de 2008, fontes do diario afirmaron que a sede de Gara en Pamplona estaba sometida a escoitas telefónicas por parte da Policía Nacional.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "artigo do diario Deia no seu especial de política vasca (2004)". Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2006. Consultado o 13 de setembro de 2007. 
  2. Estudio General de Medios. Datos de octubre de 2007 a mayo de 2008.
  3. Nace NAIZ, una nueva ventana basada en la comunidad, Naiz, 1 de junio de 2012.
  4. «La prensa escrita en Euskadi», Hiru.com.
  5. 'Gara' denuncia escuchas telefónicas en su sede de Pamplona

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]