Saltar ao contido

Igrexa de San Pedro de Angoares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de San Pedro de Angoares
Angoares Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Dedicado a
 Relixión
Implicados
 Dedicado a
Localización
 Situado en
 Diocese
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
Patrimonio Galego: 28202Enciclopedia Galega Universal: 75064
Wikidata C:Commons

A igrexa de San Pedro de Angoares é a igrexa parroquial de Angoares, no concello de Ponteareas. É un templo románico.[1]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Ten a súa orixe nun mosteiro probablemente visigodo[2]. No século XII construíuse a igrexa románica como un edificio de planta de cruz latina e testeiro recto. A antiga fachada románica desapareceu logo dunha reforma feita en 1900. A actual, de estilo neogótico, carece de valor arquitectónico.

É destacable a colección de canzorros antropomorfos e zoomorfos (coma cuadrúpedes, cabezas de bóvidos e outros animais). Algúns dos personaxes esculpíronse sentados coas mans suxeitando a cabeza, como se estivesen meditando.

No muro norte da ábsida consérvase unha banda prerrománica e unha lousa con decoración de lacería que se conserva na sancristía.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Castillo, Ángel del (1924). "San Pedro de Angoares". Boletín da Real Academia Galega (160): 82–86.
  2. "Igrexa parroquial de San Pedro de Angoares". turismo.gal. Consultado o 8 de xaneiro de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]