Saltar ao contido

Andrei Nikolaevich Kolmogorov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAndrei Nikolaevich Kolmogorov

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ru) Андрей Николаевич Колмогоров Editar o valor en Wikidata
25 de abril de 1903 Editar o valor en Wikidata
Tambov Editar o valor en Wikidata
Morte20 de outubro de 1987 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Moscova Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio Novodevichii, уч. № 10, ряд № 4, место № 15 55°43′32″N 37°33′14″L / 55.725572, 37.55379 Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Estatal de Moscova (1925–1929)
D. Mendeleev University of Chemical Technology of Russia (en) Traducir (1920–)
Universidade Estatal de Moscova (1920–1925)
E. A. Repman gymnasium (en) Traducir (1910–1920) Editar o valor en Wikidata
Director de teseNikolai Luzin (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeoría da probabilidade, topoloxía, xeometría, lóxica matemática, mecánica, teoría da medida, teoría de conxuntos, cálculo diferencial, análise funcional, filosofía das matemáticas, lingüística computacional, estatística matemática, matemáticas, turbulencia, teoría da complexidade computacional, Serie de Fourier, lóxica e fluxo turbulento (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmatemático, profesor universitario, estatístico, informático teórico, físico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Estatal de Moscova, decano (1954–1958)
Schmidt Institute of Physics of the Earth (en) Traducir, head of laboratory (en) Traducir (–1949)
Universidade Estatal de Moscova, catedrático (1931–1987)
Universidade Estatal de Moscova, researcher (en) Traducir (1929–1931)
Universidade Estatal de Moscova (1925–1971) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Interesado enMatemáticas Editar o valor en Wikidata
ProfesoresNikolai Luzin (pt) Traducir, Pavel Urysohn (pt) Traducir, Pavel Sergeevich Alexandrov e Vyacheslav Vassilievich Stepanov (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoIsrael Gelfand, Sergey Nikolsky, Akakii Konstantinovich Barkalaya, Boris Gnedenko (pt) Traducir, Anatoly Maltsev (pt) Traducir, Daredzhan Razhdenovna Vashakidze (en) Traducir, Fedor Isaakovich Shmidov, Viktor Nikolaevich Zasukhin (en) Traducir, Sergei Fomin (pt) Traducir, Ivan Verchenko (en) Traducir, Akiva Yaglom (pt) Traducir, Piotr Alexeevich Kozulaev (en) Traducir, Alexander Obukhov, Eugene Dynkin (pt) Traducir, Grigory Barenblatt (pt) Traducir, Sagdy Sirazhdinov (en) Traducir, Anatoliy Fedenko (en) Traducir, Login Bolshev (en) Traducir, Yurii Tikhonovich Medvedev (en) Traducir, Vladimir Uspensky (pt) Traducir, Oleg Ivashev-Musatov (en) Traducir, Vladimir Mihalevich (en) Traducir, Yuri Prokhorov (pt) Traducir, Nikolai Bakhvalov (pt) Traducir, Anatoli Vitushkin (pt) Traducir, Zikun Wang, Alexander Yushkevich (en) Traducir, Vladimir Zolotarev, Alexander Borovkov (pt) Traducir, Tony Hoare, Yuri Belyaev (en) Traducir, Boris Kloss (en) Traducir, Yakov G. Sinai (pt) Traducir, Vladimir Arnold, Roland Dobrushin (pt) Traducir, Igor Girsanov (en) Traducir, Albert Shiryaev (pt) Traducir, Yuri Rosanov (en) Traducir, Eduard Grigorievich Belaga, Alexander Sergeevich Kuzichev (en) Traducir, Sergei Aivazian (en) Traducir, Robert Minlos (pt) Traducir, Boris Sevastyanov (en) Traducir, Vladimir Michailovich Alekseev (pt) Traducir, Per Martin-Löf, Vladimir Tikhomirov (pt) Traducir, Leonid Levin (pt) Traducir, Alexander Abramov (en) Traducir, Valery Kozlov (en) Traducir, Alexander Bulinskiy (en) Traducir, Bernhard Thalheim, Evgenii Sereevich Bozhich (en) Traducir, Sergei Artemov (pt) Traducir, Eugene A. Asarin (en) Traducir, Vladimir Vovk, Aleksandr Abramov (en) Traducir, A. M. Arato (en) Traducir, Leonid Alexandrovich Bassalygo (en) Traducir, G. M. Bavli, Vadim Ivanovich Bityutskov (en) Traducir, Nikolay Dmitriyev (en) Traducir, A. N. Dvoichenkov (en) Traducir, Vladislav Dimitrievich Erokhin, Mikhail Konstantinovich Fage (en) Traducir, Gregory Galperin (en) Traducir, A. T. Kondurar (en) Traducir, Mikhail Vasil'evich Kozlov (en) Traducir, Viktor Petrovich Leonov, A. V. Martynov, R. F. Matveev, Lev Dmitrievich Meshalkin (en) Traducir, Mikhail Millionshikov (en) Traducir, Andrei Monin (pt) Traducir, Yurii Semenovich Ochan (en) Traducir, Yuri Petrovitch Ofman (pt) Traducir, B. Penkov, Aleksei Arkadievich Petrov (en) Traducir, Mark Pinsker (en) Traducir, Aleksandr Vladimirovich Prokhorov, M. Rozenblat-Rot, A. N. Tulaikov (en) Traducir, Vladimir Grigorievich Vinokurov (en) Traducir, B. M. Yunovich, Igor G. Zurbenko (en) Traducir e Yury Belyayev (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeAnna Dmitrievna Egorova (1942–) Editar o valor en Wikidata
ParellaPavel Sergeevich Alexandrov Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (vol:12 : Кварнер — Конгур, sec:Колмогоров Андрей Николаевич, p.437)
Grande Enciclopedia Soviética (1926 - 1947)
Enciclopedia soviética armenia, volume 5, (p.513) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1266073 WikiTree: Kolmogorov-1 Find a Grave: 88794303 Editar o valor en Wikidata

Andrey Nikolaevich Kolmogorov (en ruso: Андре́й Никола́евич Колмого́ров), nado o 25 de abril do 1903 e finado o 20 de outubro do 1987, foi un matemático ruso que fixo progresos importantes nos campos da teoría da probabilidade e da topoloxía. Traballou ó principio da súa carreira en lóxica construtivista e na serie de Fourier. Tamén traballou en turbulencias e mecánica clásica. Así mesmo, foi o fundador da teoría da complexidade algorítmica.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Andrei Kolmogorov naceu en Tambov, unha localidade a uns 500 quilómetros ao sueste de Moscova, en 1903. A súa nai, a solteira María Yakovlevna Kolmogorova, finou durante o parto,[1] polo que Andrei tivo que ser criado polas súas dúas tías en Tunoshna, preto de Yaroslavl, nos terreos do seu avó, un nobre adiñeirado.

Non se sabe moito sobre o sei pai. Supostamente, o seu nome era Nikolai Matveyevich Katayev e traballaba como agrónomo. Katayev fora exiliado de San Petersburgo á provincia de Yaroslavl tras a súa participación no movemento revolucionario contra os tsares. Desapareceu en 1919 e suponse que morreu asasinado durante a guerra civil rusa.

A súa tía Vera educouno na escola local, e os seus primeiros textos literarios e matemáticos apareceron no xornal do centro. Aos 5 anos, Andrei Kolmogorov xa era "editor" da sección matemática desta publicación. O seu primeiro descubrimento matemático foi a regularidade na suma da serie dos números impares: [2]

En 1910, a súa tía adoptouno e trasladáronse xuntos a Moscova, onde se graduou da secundaria en 1920. Ese ano ingresou na Universidade Estatal de Moscova e, ao mesmo tempo, no Instituto Mendeléiev de Química e Tecnoloxía de Moscova. Sobre esta época, escribiu:[3]

Cheguei á Universidade de Moscova cun coñecemento bastante bo das matemáticas. Sabía en concreto os fundamentos da teoría de conxuntos. Estudei moitas cuestións en artigos da Enciclopedia de Brockhaus e Efron, engadindo pola miña conta o que aparecía moi conciso neses artigos

Kolmogorov gañou unha gran reputación pola súa ampla erudición. Namentres estudaba a licenciatura, asistiu aos seminarios do historiador ruso Sergei Bakhrushin. Publicou o seu primeiro artigo de investigación sobre as prácticas de posesión da terra na república de Novgorod durante os séculos XV e XVI.[4] Neste período, entre 1921 e 1922, Kolmogorov demostrou varios resultados da teoría de conxuntos e sobre as series de Fourier.

Carreira profesional

[editar | editar a fonte]

En 1922, Kolmogorov gañou sona internacional pola construción dunha serie de Fourier que diverxe en case todas as partes.[5][6] Foi nesta época que decidiu dedicar a súa vida ás matemáticas.

En 1925, graduouse da Universidade Estatal de Moscova e comezou a estudar baixo a supervisión de Nikolai Luzin. Iniciou unha amizade cun dos seus compañeiros, Pavel Alexandrov, que duraría toda a vida; moitos investigadores concluíron que se trataba dunha relación homosexual,[7][8][9] malia que ningún dos dous chegou a recoñecelo publicamente. Kolmogorov, xunto con Aleksandr Khinchin, comezou a interesarse na teoría da probabilidade. Tamén publicou un traballo sobre lóxica intuicionista, "О принципе tertium non datur" (en galego: Sobre o principio do terzo excluído), no que probou que, baixo unha certa interpretación, todos os enunciados da lóxica clásica formal poden formularse como enunciados da lóxica intuicionista. En 1929, Kolmogorov doutorouse pola Universidade Estatal de Moscova. Nese mesmo ano, pasou un mes nunha illa do lago Sevan, en Armenia, xunto con Alexandrov.[10]

En 1930, Kolmogorov viaxou por vez primeira ao estranxeiro, visitando as cidades de Gotinga, Múnic e París. En Gotinga entrou en contacto cos círculos científicos de Richard Courant e os seus discípulos, centrados nos teoremas do límite, que demostraran que os procesos de difusión eran os límites de procesos discretos aleatorios; de Hermann Weyl, que estudaba a lóxica intuicionista; e o de Edmund Landau, orientado á teoría de funcións.

O traballo pioneiro de Kolmogorov, "Über die analytischen Methoden in der Wahrscheinlichkeitsrechnung" ("Sobre os métodos analíticos na teoría da probabilidade"), saíu do prelo en alemán en 1931. Nese mesmo ano, foi nomeado profesor da Universidade Estatal de Moscova. En 1933, publicou o seu libro Grundbegriffe der Wahrscheinlichkeitsrechnung ("Rudimentos da teoría da probabilidade"), co que estableceu os fundamentos axiomáticos modernos da teoría da probabilidade e alicerzou a súa reputación como o maior experto mundial neste eido. En 1935, Kolmogorov converteuse no primeiro director do departamento de Teoría da Probabilidade da Universidade Estatal de Moscova. Ao ano seguinte, fixo achegas ao campo da ecoloxía ao xeneralizar o modelo de Lotka-Volterra para os sistemas de depredación.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]