Andrea Maceiras
(2022) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 6 de novembro de 1987 A Coruña, España |
| Educación | Universidade da Coruña |
| Actividade | |
| Ocupación | escritora, profesora universitaria |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Premios | |
| |
| Sitio web | andreamaceiras.es |
Andrea Maceiras Lafuente, nada na Coruña o 6 de novembro de 1987, é unha escritora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Doutora en filoloxía hispánica e licenciada en Filoloxía galega pola Universidade da Coruña.
En 2007 publicou a súa primeira novela, Proxecto Bolboreta, tras gañar o I Certame de Micronovela do Concello de Soutomaior. En 2009 gañou o premio Meiga Moira con Violeta tamurana, publicada o ano seguinte. En 2012 publica O segredo do lagarto arnal, e un ano despois sae Nubes de evolución, finalista do premio Fundación Caixa Galicia e nomeado mellor libro xuvenil dese ano nos Premios Fervenzas Literarias.
No ano 2014 publica Miña querida Sherezade, obra gañadora do premio Meiga Moira, e ese mesmo ano publica tamén Volverás, golfiño, finalista do Premio Merlín. Ao ano seguinte, en 2015, gaña o premio Jules Verne con Europa express, obra publicada ese mesmo ano e pouco tempo despois traducida ao inglés. Tamén foi recoñecida como a mellor novela xuvenil nos Premios Fervenzas Literarias.
En 2018 gañou o Premio Lazarillo á creación literaria por Conta nove estrelas, segundo o xurado: "unha obra ben urdida e entramada cunha linguaxe poética con belísimas escenas que te transportan a un mundo galáctico. Unha aposta á imaxinación desbordante e á ciencia ficción”.[1] Tamén no 2018 queda finalista do Premio Raíña Lupa con O que sei do silencio, publicada ese mesmo ano e traducida ao español en 2020.
En 2020, concedéronlle o premio dos Clubs de Lectura da Consellería de Educación de Galicia como a autora máis lida. E ese mesmo ano, gañou o premio Merlín de literatura infantil con A folla azul, publicada en 2021. No mesmo ano, gañou o XV premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil da Deputación da Coruña coa obra Que me pare o corazón se te esquezo.[2][3]
En marzo de 2022 gañou o XIX Premio Anaya de Literatura Infantil e Xuvenil coa obra Alma de elefante, que viu a luz o 31 de marzo de ese mesmo ano. E un ano máis tarda, esa mesma novela recibiu o I Premio A da Sociedad Colegial de Escritores ACE e do Grupo de Investigación de Literatura infantil da Universidade Complutense de Madrid. Tamén publicou en español e catalán Niño y Jaguar, coa Editorial Milenio.[4]
En decembro de 2022 gañou o XLI Premio Vila d'Ibi coa novela Siempreviva, publicado en 2023 por Grupo Anaya. En 2024 publicou El silbido de la sombra (Oxford University Press, colección Lidera. Erizonte).
No mes de maio de 2025 volveu gañar o premio Jules Verne de literatura xuvenil, convocado pola editorial Xerais, coa novela O corvo sobre a neve. E nese mesmo mes El silbido de la sombra queda finalista dos Premios Templis, outorgados pola revista El Templo de las mil puertas.
Obras
[editar | editar a fonte]Literatura infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- Proxecto Bolboreta (2007). Vigo: Xerais. 120 páxs. ISBN 978-84-9782-824-6.[5] ePub: ISBN 978-84-9121-165-5.
- Violeta Tamurana (2010). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-92630-85-1.[6]
- O segredo do lagarto arnal (2012). A Coruña: Baía. ISBN 978-8499950488.
- Nubes de evolución (2013). Vigo: Xerais. 192 páxs. ISBN 978-84-9914-463-4. ePub: ISBN 978-84-9914-660-7.
- Miña querida Sherezade (2014). A Coruña: Baía. ISBN 978-8499951447.[7]
- Volverás, golfiño (2014). Vigo: Xerais. 144 páxs. Ilustracións de Víctor Rivas. ISBN 978-84-9914-579-2.[8] ePub: ISBN 978-84-9914-789-5.
- Europa Express (2015). Vigo: Xerais. 216 páxs. ISBN 978-84-9914-949-3.[9][10] Foi traducida ao inglés.[11] ePub: ISBN 978-84-9914-949-3.
- O que sei do silencio (2018). Vigo: Xerais. 224 páxs. ISBN 978-84-9121-402-1.[12][13] ePub: ISBN 978-84-9121-398-7. Tradución ao castelán: Lo que sé del silencio (2018). Editorial Algar. ISBN 978-84-9142-360-7
- Cuenta nueve estrellas (2019). Madrid: Anaya infantil y juvenil. 152 paxs. Ilustracións de Xavier Bonet. ISBN 978-84-698-4860-9. Tradución ao galego: Conta nove estrelas (2019). Vigo: Xerais, Merlín. 168 páxs. Ilustracións de Paula Mayor. ISBN 978-84-9121-527-1.[14] ePub: ISBN 978-84-9121-533-2.
- A folla azul (2021). Vigo: Xerais, Merlín. Ilustracións de Sonia García. 184 páxs. ISBN 978-84-9121-844-9. ePub: ISBN 978-84-9121-852-4. Tradución ao castelán: La hoja azul (2021). Madrid: Anaya infantil y juvenil. 168 pags. ISBN 978-84-698-8862-9.
- Alma de elefante (2022). Madrid: Anaya infantil y juvenil. Ilustracións de Jordi Solano. 160 pags. ISBN 978-84-698-9085-1. Tradución ao galego: Alma de elefante (2023). Vigo: Xerais, Merlín. 168 paxs. Ilustracións de Xavier Bonet. ISBN 978-84-1110-242-1.
- Que me pare o corazón se te esquezo (2022). Vigo: Xerais, Fóra de Xogo. 224 páxs. ISBN 978-84-1110-142-4. ePub: ISBN 978-84-1110-166-0.[15]. Tradución ao castelán: Que se me pare el corazón si te olvido (2023). Madrid: Anaya infantil y juvenil. ISBN 978-84-143-3571-0.
- Los prodigiosos: increíble Sofía (2022). Madrid: Editorial Cometa Roja. ISBN 978-84-125902-8-9.
- Niño y jaguar (2023). Lleida: Editorial Milenio. 125 pags. Ilustracións de Eva Sánchez Gómez. ISBN 978-84-9743-984-8.
- Burbullas de calma serena (2023). Arzúa: Cuarto de Inverno. 240 páxs. ISBN 978-84-124586-2-6. Ilustracións de Irene Sanjuán.
- El enigma de Siempreviva (2024). Madrid: Anaya infantil y juvenil. ISBN 978-84-143-3694-6.
- O enigma de Sempreviva (2025). Vigo: Xerais, Sopa de libros. 144 páxs. ISBN 978-84-1110-617-7. Ilustracións de Sara Porras.
- El silbido de la sombra (2024). Oxford University Press. Colección Lidera. Erizonte. ISBN 9788419876171.
- O corvo sobre a neve (2025). Vigo: Xerais, Col. Fóra de xogo. 240 páxs. ISBN 978-84-1110-729-7. ePub: ISBN 978-84-1110-745-7.
Premios
[editar | editar a fonte]- Obtivo en varias ocasións o primeiro premio do Certame Literario do Concello de Cambre.
- Gañadora do I Certame de Micronovela do Concello de Soutomaior.
- Finalista do VI Premio de Novela Biblos-Pazos de Galicia no 2010.
- Gañadora do Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil en 2010, por Violeta Tamurana.
- Finalista do Premio Fundación Nova Caixa Galicia 2011, por Nubes de evolución.
- Terceiro premio do XIV Premio de poesía Díaz Jácome, por Auga lonxincua en 2013.
- Gañadora do Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil en 2014, por Miña querida Sherezade.
- Gañadora do Premio Jules Verne en 2015, por Europa Express.[16]
- Premio Fervenzas literarias ao mellor libro de literatura xuvenil en 2015, por Europa Express.
- Premio Lazarillo 2018 á creación literaria[17][18]
- Premio dos Clubs de Lectura da Consellería de Educación en 2020.[19]
- Gañadora do Premio Merlín en 2020, por A folla azul.
- 2021: XV Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil da Deputación da Coruña, por Que me pare o corazón se te esquezo.[2][3]
- 2021, Premio Rosa de los Vientos do Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires.[20]
- XIX Premio Anaya de Literatura Infantil e Xuvenil en 2022, por Alma de elefante.[21][22]
- Premio A de la Sociedad Colegial de Escritores ACE y del Grupo de Investigación de Literatura infantil da Universidade Complutense de Madrid (ELLI) 2023, por Alma de elefante.[23]
- Premio XLI Vila d'Ibi 2023 por El enigma de Siempreviva.[24]
- Premio Follas Novas a mellor novela xuvenil galega en 2024 por Burbullas de calma serena.[25]
- Premio Jules Verne 2025, por O corvo sobre a neve.[26]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Paloma Corral, Begoña Oro y Andrea Maceiras ganan los Premios Lazarillo 2018". revistababar.com. Consultado o 03/12/2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Andrea Maceiras gaña o XV Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil da Deputación da Coruña". Nós Diario. 30 de xuño de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 Redacción (30 de xuño de 2021). "Andrea Maceiras gaña o Raíña Lupa con «Que se me pare o corazón se te esquezo»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2024.
- ↑ "Niño y jaguar". edmilenio.com (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2024.
- ↑ "Proxecto Bolboreta". xerais.gal. Consultado o 03/12/2018.
- ↑ "Violeta tamurana de Andrea Maciras". blogoteca.com. Consultado o 03/12/2018.
- ↑ Nicolás, Ramón. "Miña querida Sherezade, de Andrea Maceiras". cadernodacritica. Consultado o 03/12/2018.
- ↑ "Volverás golfiño". xerais.gal. Consultado o 03/12/2018.
- ↑ "Europa Express". xerais.gal. Consultado o 03/11/2018.
- ↑ "Andrea Maceiras, Europa Express". palabradegatsby.com. Consultado o 03/12/2018.
- ↑ "Europe Express". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-06.
- ↑ "O que sei do silencio". trafegandoronseis. Consultado o 03/12/2018.
- ↑ "O que sei do silencio". xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 02/03/2021. Consultado o 03/12/2018.
- ↑ "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-05-07.
- ↑ Nicolás, Ramón (2022-10-17). "Que me pare o corazón se te esquezo, de Andrea Maceiras". Caderno da crítica. Consultado o 2022-10-17.
- ↑ Redacción (26 de agosto de 2015). "Andrea Maceiras: “Un premio como o Jules Verne é un pulo importante”". axendacultural.aelg.gal. Consultado o 22 de xuño de 2024.
- ↑ L., R. (4 de decembro de 2018). "La escritora gallega Andrea Maceiras gana el premio Lazarillo de creación literaria". farodevigo.es. Consultado o 21 de novembro de 2020.
- ↑ Redacción (4 de decembro de 2018). "La coruñesa Andrea Maceiras gana el premio Lazarillo con la obra 'Rusgalía'". laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2024.
- ↑ "Premio dos Clubs de Lectura 2020 para Andrea Maceiras". edu.xunta.gal.
- ↑ Redacción (7 de decembro de 2021). "La escritora Andrea Maceiras, premio Rosa dos Ventos 2021 del Instituto Santiago Apóstol". espanaexterior.com (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2024.
- ↑ G., N. (12 de marzo de 2022). "Andrea Maceiras, premio Anaya de literatura infantil y juvenil por su novela «Alma de elefante»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2024.
- ↑ "Andrea Maceiras gana el XIX Premio Anaya de Literatura Infantil y Juvenil con Alma de elefante". anayainfantilyjuvenil.com (en castelán). 11 de marzo de 2022. Consultado o 22 de xuño de 2024.
- ↑ "Andrea Maceiras, ganadora en los Premios A con Alma de elefante". anayainfantilyjuvenil.com (en castelán). 4 de maio de 2023. Consultado o 22 de xuño de 2024.
- ↑ "Andrea Maceiras gana el CONCURSO DE NARRATIVA INFANTIL VILA D’IBI 2023". deconcursos.com (en castelán). 6 de decembro de 2023. Consultado o 22 de xuño de 2024.
- ↑ "Premios Follas Novas 2024". librarias.org. 1 de marzo de 2024. Consultado o 22 de xuño de 2024.
- ↑ Diario, Nós (2025-05-24). "Camino, Esmorís e Maceiras, gañadoras dos premios literarios concedidos por Xerais". Nós Diario. Consultado o 2025-05-24.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Andrea Maceiras |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha da autora en Xerais
Alicia Martínez e Paula Moar (2018): Book tráiler (XVI): "Volverás, golfiño", de Andrea Maceiras- Ficha da autora na Editorial Anaya