Volverás, golfiño
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Volverás, golfiño | |
---|---|
Título orixinal | Volverás, golfiño |
Autor/a | Andrea Maceiras |
Lingua | Galego |
Data de pub. | 2014 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Volverás, golfiño é unha novela da escritora galega Andrea Maceiras, publicada en 2014. É un conto filosófico baixo a aparencia dun conto infantil, aborda temas tan profundos como a vida, a morte, a amizade, as actitudes e as preocupacións da vida. A obra está ilustrada por Víctor Rivas.
Historia
[editar | editar a fonte]Iris e a súa familia, debido a motivos económicos e á enfermidade do seu avó, trasládanse a Costa da Morte, a unha vella casiña, onde reside o seu avó.
Nos primeiros días a súa nai decide levalos (a Iris e ó seu irmán menor Breixo) a visitar os arredores do seu novo fogar como o faro de Cabo Vilán, o Cemiterio dos Ingleses… e dende ese momento a Iris entroulle unha gran curiosidade por coñecer a historia dese novo lugar onde residía.
Un día, explorando a casa do seu avó Xoán, sobe ó faiado, e atopa un vello baúl co nome de IRIS HULL, escrito en letras de imprenta. Iris tiña a necesidade de abrir ese baúl; o día que se dispón a facelo atópase co espírito dun neno de arredor duns 13 anos, Thomas Lang (o menor de tres irmáns).
Un día Thomas e o se irmán Frank viaxaban nun barco para atoparse co seu irmán maior, Tobías, pero ese día nunca acontece. Frank e Thomas quedan atrapados na Costa da Morte, pero coa axuda de Iris, que se fai moi amiga de Thomas, conseguen descubrir o motivo polo que seguen atrapados aí.
Pasan semanas e atopan no fondo do mar unha vella campá que pertence ao buque HMS Serpent. Dentro da campá aparece inscrita a sinatura de T. Lang, o irmán maior de Thomas e Frank. Cada vez a investigación levada a cabo por Iris cobra máis sentido.
Tras revelarse o misterio, os tres irmáns reencóntranse, e xa poden descansar en paz.
O maior dos irmán convértese en golfiño, isto tamén o acabarán experimentando Frank e Thomas.
Iris, xa vella, e Thomas reencóntranse moitos anos despois, e marchan os dous xuntos ás profundidades do mar.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Iris, a protagonista da historia, caracterízase por ser unha nena aventureira e valente.
- Breixo, irmán menor de Iris, tamén ten un papel importante na historia, posto que a pesar de ter moito máis medo que a súa irmá, axúdaa con todo o que pode, e ambos forman parte dos descubrimentos do Iris Hull.
- Os pais de Iris e de Breixo caracterízanse por formar e guiar os seus fillos partindo da realidade na que vivimos. A súa nai ten maior protagonismo que o seu pai e sofre depresión.
- O avó Xoán era dos poucos homes da Costa da Morte que non tiña oficio de mariñeiro. Durante a maior parte da súa vida traballara en diferentes lugares e, xa entrado en anos, retirárase a vivir naquel refuxio que os seus antepasados construíran e no que pasara a súa infancia.
- Elvira é a veciña do seu avó, coida moitas veces de Iris e do seu irmán.
- Thomas Lang é o co-protagonista da historia, os seus irmáns son moito máis vellos ca el. A súa familia era orixinaria de Alemaña, pero máis tarde trasladáronse ao sur de Inglaterra. Nada máis nacer el, as febres acabaron coa vida dos seus pais e quedaron orfos.
- Tobías Lang é o irmán máis vello. Cando os seus pais morreron, foi o que levou a peor parte, era o máis vello dos tres irmáns, e tivo que preocuparse por todo. Era mariñeiro.
- Frank Lang era o mediano dos irmáns, aprendía o oficio de carpinteiro, e foi el o que construíu o famoso baúl. Era moi habelencioso, máis non gañaba demasiado.
- Andrés, o fillo do submarinista que atopou a campá.
- Antón, un amigo de o seu avó e tamén de Elvira.
Temas
[editar | editar a fonte]Nesta historia trátanse diversos temas coma por exemplo a morte, representada en Thomas e nos seus irmáns; o misterio, que aparece ó longo do libro; a amizade que forman Iris e Thomas e a crise económica, que é o motivo polo que a súa familia ten que marchar da cidade.
Dedicatoria
[editar | editar a fonte]Maceiras dedicou o libro a Pablo, "o gardián dos mares dos nosos soños".
Premios
[editar | editar a fonte]Quedou finalista do Premio Merlín, 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Maceiras, A. (2014). Volverás golfiño, ilust. Víctor Rivas. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, col. Merlín, n.239.