Andrés Meixide
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1970 ![]() Vigo, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | ilustrador, deseñador ![]() |
![]() |
Andrés Meixide Gayoso, nado en Vigo en 1970, é un deseñador e ilustrador galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É un deseñador e ilustrador que ten colaborado coa TVE Internacional como realizador de decorados e cabeceiras de diversos programas. A súa obra como ilustrador está publicada en Everest, Planeta&Oxford, Xerais, Galaxia, Embora ou Sotelo Blanco.[2] [3]
Colaborou en publicacións como Tempos, Cielo Negro, BD Banda e na revista Golfiño, onde en 1999 creou a personaxe de Thom, que desde 2007 se publicou en La Voz de Galicia. Como deseñador tamén participou en campañas publicitarias.[4]
Ilustrador
[editar | editar a fonte]- O patadón, de Manuel Lourenzo González (2001). Xerais.
- Cando os animais falaban, de Antonio Reigosa e Xosé Miranda (2002). Xerais.
- Xan e Pericán, de Daniel Ameixeiro (2004). Xerais.
- Thom (2005). Kalandraka.
- Conto para non comer, de Oli (2005). Galaxia.
- O tesouro da lagoa de Reid'Is, de Agustín Agra (2007). Xerais.
- Tarzán de goma, de Ole Lund Kirkegaard (2007). Xerais.
- Unha mensaxe para Sara, de Xosé Antonio Perozo (2007). Sotelo Blanco.
- Cinco horas con Mauro, de Pere Tobaruela (2016). Embora.
- A señorita Bubble, de Ledicia Costas (2017). Xerais.
- Xelís, o guieiro das botellas de mar, de Rosa Aneiros (2017). Xerais.
- Brian, o Chinés, de David Daniel Vázquez Álvarez (2018). Embora
- A señorita Bubble. Aventura baixo cero, de Ledicia Costas (2020). Xerais.
- A señorita Bubble. Deus salve as raíñas, de Ledicia Costas (2023). Xerais.
- Os versos da Mariola, de Antón Cortizas (2023). Embora.
Colección Formgig4s
[editar | editar a fonte]Con textos de Pere Tobaruela.[5]
- Formig4s. Misión Nova York (2014). Xerais. 112 páxs. ISBN 978-84-9914-732-1.
- Formig4s. Misión París (2014). Xerais. 112 páxs. ISBN 978-84-9914-731-4.
- Formig4s. Misión Barcelona (2015). Xerais. 112 páxs. ISBN 978-84-9914-942-4.
- Formig4s misión Tokyo (2017). Xerais. 112 páxs. ISBN 978-84-9121-209-6.
- Formig4s misión Camiño de Santiago (2019). Xerais. 3ª ed. 112 páxs. ISBN 978-84-9121-504-2.
- Formig4s. Misión Rosalía (2022). Xerais. 112 páxs. ISBN 978-84-1110-043-4.
Premios[6]
[editar | editar a fonte]- Primeiro Premio no Salón do Cómic de Vigo coa obra Abrir Vigo ao mar
- Segundo premio no XI Concurso Galego de Banda Deseñada Xuventude 95 por O asasino chamábase Roger.
- Segundo Premio no XII Concurso Galego de BD (1996) por A dous centímetros.
- 2006: The White Ravens
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Andrés Meixide - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-01-19.
- ↑ "Libros de ANDRES MEIXIDE Casa del Libro". casadellibro (en castelán). Consultado o 2024-01-19.
- ↑ www.funtsak.com, Funtsak-Diseño y Programación Web-. "Libros de Andrés Meixide Gayoso. Biografía y bibliografía". www.txalaparta.eus (en castelán). Consultado o 2024-01-19.
- ↑ "Andrés Meixide". Edicións Embora. Consultado o 2024-01-19.
- ↑ "Formig4as, unha serie de novela de aventuras Blog Xerais". blog.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2021. Consultado o 2021-02-16.
- ↑ "Meixide, Andrés". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-01-19.