André Lotterer
André Lotterer (40 anos) | |
![]() | |
Carreira na Fórmula 1 | |
Nacionalidade | ![]() |
---|---|
Anos en activo | 1, 2014 |
Escudería(s) | Caterham-Renault |
Grandes Premios disputados | 1 (1 saídas) |
Campionatos | 0 |
Vitorias | 0 |
Podios | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas rápidas | 0 |
Primeiro GP | Gran Premio de Bélxica de 2014 |
Derradeiro GP | Gran Premio de Bélxica de 2014 |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
André Lotterer, nado en Duisburgo o 19 de novembro de 1981, é un piloto de carreiras de automóbiles alemán. É coñecido polo seu éxito nas carreiras de resistencia, incluíndo tres vitorias nas 24 Horas de Le Mans (2011, 2012 e 2014) e o título de pilotos da FIA World Endurance Championship co equipo oficial Audi, tamén competeu na serie xaponesa Fórmula Súper durante máis dunha década, gañando en 2011.
Lotterer foi piloto de probas do equipo Jaguar de Fórmula 1 2002, pero isto non lle proporcionou un posto de carreira. Doce anos máis tarde, uniuse a Caterham, en substitución de Kamui Kobayashi no Gran Premio de Bélxica de 2014.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Inicios e ascenso (1989-2002)[editar | editar a fonte]
Lotterer é fillo de pai peruano e nai alemá, e criouse en Bélxica. Competiu en karting desde 1989 ata 1997 en Bélxica, Alemaña e Países Baixos, época na que logrou varios subcampionatos alemáns. En 1998 pasou aos monoprazas ao disputar a Fórmula Júnior BMW Alemá, onde se coroou campión. En 1999 repetiu éxito pero na Fórmula BMW Alemá, e ademais terminou quinto na Fórmula Renault Europea. En 2000 rematou cuarto na Fórmula 3 alemá. Jaguar Racing contratouno en 2001 para disputar a Fórmula 3 Británica, que culminou en sétima posición. Ese ano tamén chegou segundo no Masters de Fórmula 3.
En 2002 foi o piloto de probas de Jaguar na Fórmula 1. Por outra banda, chegou terceiro na clase N-GT e quinto absoluto nas 24 Horas de Spa nun Porsche 911 de Freisinger xunto a Marc Lieb, Georges Forgeoisy e Bert Longin, e disputou a carreira final da serie CART para o equipo de Dale Coyne.
Resultados[editar | editar a fonte]
Sumario[editar | editar a fonte]
* Tempada en progreso.
Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2014 | Caterham F1 Team | Caterham CT05 | Renault Energy F1-2014 1.6 V6 t | AUS |
MAL |
BHR |
CHN |
ESP |
MON |
CAN |
AUT |
RU |
ALE |
HUN |
BEL Ret |
ITA |
SIN |
COR |
BHR |
USA |
BRA |
ABU |
24º | 0 |
Notas[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: André Lotterer ![]() |