Saltar ao contido

Ana Brnabić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAna Brnabić

(2023) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(sr) Ана Брнабић Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de setembro de 1975 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Belgrado (República Federal Socialista de Iugoslavia) Editar o valor en Wikidata
President of the National Assembly of Serbia (en) Traducir
20 de marzo de 2024 –
Minister of Foreign Affairs (en) Traducir
22 de outubro de 2020 – 28 de outubro de 2020 – Nikola Selaković (en) Traducir →
Minister of Finance (en) Traducir
16 de maio de 2018 – 29 de maio de 2018
← Dušan VujovićSiniša Mali (en) Traducir →
Anexo:Lista de primeiros-ministros da Sérvia (pt) Traducir
29 de xuño de 2017 – 20 de marzo de 2024
← Aleksandar VučićIvica Dačić (pt) Traducir →
Minister of Public Administration and Local Self-Government (en) Traducir
11 de agosto de 2016 – 14 de xuño de 2017
← Kori Udovički (pt) TraducirBranko Ružić (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSerbia (1992–) Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo serbio Editar o valor en Wikidata
EducaciónNorthwood University (en) Traducir - administración de empresas (–1998)
Universidade de Hull (pt) Traducir - Mestrado en administración de negocios Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítico Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica , economista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Progressista Sérvio (pt) Traducir (2019–) Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua serbia, lingua inglesa e lingua rusa Editar o valor en Wikidata
Participou en
20 de xaneiro de 2020Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2020
10 de decembro de 2019tomada de posse de Alberto Fernández (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor en Wikidata

Twitter: anabrnabic Instagram: anabrnabic Editar o valor en Wikidata

Ana Brnabić (en serbio: Ана Брнабић), nada en Belgrado o 28 de setembro de 1975, é unha política serbia que ocupa o cargo de primeira ministra do país.

Formada nos Estados Unidos e no Reino Unido, regresou a Serbia en 2002 e traballou na promoción das enerxías renovables. En 2016 foi nomeada Ministra de Administracións Públicas e Asuntos Locais por Aleksandar Vučić.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ao finalizar os seus estudos secundarios en 1994 abandonou Iugoslavia para estudar nos Estados Unidos. Inscrita na Universidade de Northwood, en Míchigan, seguiu un curso en administración que rematou en 1998. Completou a súa diplomatura cun mestrado na Universidade de Hull, no Reino Unido.[1]

Regresó a Serbia en 2002. Inicialmente traballou como relacións públicas para o programa de desenvolvementos agrícola, mais en 2011 pasou ao programa Continental Wind Serbia, que promovía o recurso ás enerxías renovables. Dous anos máis tarde asumiu a dirección do programa.

O 11 de agosto de 2016 foi nomeada ministra de Administracións Públicas e de Asuntos Locais no novo goberno formado por Aleksandar Vučić.

Dado que asume abertamente ser lesbiana nun país onde o 80% da poboación se declara cristiá ortodoxa e onde as marchas do orgullo LGTB son obxecto de violencias e mesmo anuladas, o nomeamento foi percibido polas ONG como un momento histórico. Vučić declarou ao respecto "as súas orientacións persoais non me interesan, só os resultados do seu traballo contan".[2]

Primeira ministra

[editar | editar a fonte]

O 15 de xuño de 2017, Ana Brnabić foi proposta á Asemblea nacional para asumir a presidencia do goberno por Vučić, que nese momento accedeu á presidencia da República, como a súa sucesora. É a primeira muller e a primeira persoa abertamente homosexual elixida para exercer ese cargo,[3] que asumiu dende o 29 de xuño de 2017.

Mentres que o xefe do estado considera que “posúe as calidades persoais e profesionais para exercer as súas funcións”, ela declarou que “servir o meu país é a honra máis grande. Traballarei de xeito responsable con amor e honestidade”. Precisando que non é activista LGBT, estima que a situación dos homosexuais mellora "lentamente" en Serbia pero que a homofobia continúa a ser un problema.[4] Explica non comprender “por que (a súa) orientación sexual é importante” e que xulga que “o que é importante, é a capacidade profesional para cumprir un traballo honesto, amar a súa patria e traballar polo interese do seu país”.[5]

Presentada como favorable á integración europea, está encargada principalmente de pór en marcha as reformas económicas mentres que Vučić continúa a liderar a política estranxeira e interior, permitíndolle así manter o poder dando signos de apertura.[6]

Controversias

[editar | editar a fonte]

Xenocidio de Srebrenica

[editar | editar a fonte]

Nunha entrevista o 14 de novembro de 2018 coa emisora pública alemá Deutsche Welle, Brnabić negou que en xullo de 1995 os masacres de bosníacos por parte das forzas serbobosníacas en Srebrenica fosen un acto de xenocidio.[7] Dúas semanas máis tarde, o Parlamento Europeo adoptou unha resolución en que decía que lamentaba que se continuase a negar o xenocidio por parte das autoridades serbias e pediu unha completa cooperación co ICTY e o mecanismo que o sucedese incluíndo aceptar os seus xuízos.[8]

En decembro de 2018, comentando o anuncio da transformación das Forzas de Seguridade de Kosovo nas Forzas Armadas de Kosovo, Brnabić dixo: “Espero que non teñamos que usar o exército, mais neste momento, é unha das opcións sobre a mesa porque non podemos ser testemuñas dunha nova limpeza étnica dos serbios e novas Tormentas... aínda que Edi Rama está chamando a iso. Cando alguén sabe que tes un exército forte, entón teñen que sentar e falar contigo”.[9][10]

Ademais, en maio de 2019, o ministro de exteriores de Kosovo Behgjet Pacolli dixo que non permitiría a Brnabić entrar en Kosovo a causa do que considerou que era unha ideoloxía racista. Brnabić, durante a entrega dun informe á Comisión Europea en 2019 dixo: “Haradinaj, Thaçi e Veseli están competindo por ver quen é o maior nacionalista e chauvinista. O que me asusta máis é que estamos a tratar con xente irracional, a peor caste dos populistas, xente que literalmente saíu dos bosques”.[11][12]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Brnabić é homosexual, segunda muller LGBT xefa dun goberno no mundo despois de Jóhanna Sigurðardóttir (Islandia 2009-2013), e quinta xefa de goberno abertamente LGBT despois de Elio Di Rupo (Bélxica 2011–14), Xavier Bettel (Luxemburgo dende 2013) e Leo Varadkar (Irlanda dende 2017). En 2017 converteuse na primeira xefa de goberno dun país balcánico que asitiu a unha marcha do orgullo LGBT.[13]

En 2019 a súa parella Milica Đurđić deu a luz un neno.[14]

  1. "Serbie : qui est Ana Brnabic, cette femme homosexuelle nommée Premier ministre". LCI (en francés). Consultado o 16 de xuño de 2017. 
  2. "Ana Brnabic, ministre lesbienne d’une Serbie aux penchants homophobes". Libération.fr (en francés). Consultado o 16 de xuño de 2017. 
  3. "Serbie : Ana Brnabic, femme ouvertement lesbienne, nommée Première ministre". L'Obs (en francés). Consultado o 16 de xuño de 2017. 
  4. "Serbie: Ana Brnabic, ouvertement lesbienne, est nommée Première ministre". LExpress.fr (en francés). 15 de xuño de 2017. Consultado o 16 de xuño de 2017. 
  5. "Ana Brnabic rejoint le club des dirigeants européens ouvertement gays". tdg.ch/. Consultado o 16 de xuño de 2017. 
  6. "Ana Brnabic nommée 1ère ministre en Serbie: le coup politique du président Vucic". RFI (en francés). 16 de xuño de 2017. Consultado o 16 de xuño de 2017. 
  7. "Hague Court Chief Criticises Serbian PM’s Genocide Denial" (en inglés). Consultado o 20 de novembro de 2018. 
  8. "European Parliament notes reform progress in Serbia" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2019. Consultado o 30 de novembro de 2018. 
  9. "I hope Serbia won't have to use army - but it's an option". B92. 5 de decembro de 2018. Consultado o 12 de decembro de 2018. 
  10. "Serbian premier: Armed intervention in Kosovo an option". The Washington Post. 5 de decembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2019. Consultado o 12 de decembro de 2018. 
  11. "Incensed By 'Racist' Comments, Kosovo Says It Is Banning Serbian PM". Radio Free Europe/Radio Liberty. 30 de maio de 2019. Consultado o 31 de maio de 2019. 
  12. "Kosovo FM Pacolli calls Serbian PM Brnabic racist". N1. 30 de maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2019. Consultado o 31 de maio de 2019. 
  13. "Serbia's gay PM is first in region to attend pride parade". bbc.com. Consultado o 17 de maio de 2018. 
  14. Peter Stubley (2019). "Gay partner of Serbian PM Ana Brnabic gives birth in first for a world leader". The Independent. Consultado o 21 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]