Leo Varadkar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leo Varadkar
Nacemento18 de xaneiro de 1979
Lugar de nacementoDublín
NacionalidadeIrlanda
Alma máterTrinity College Dublín, The King's Hospital e School of Medicine, Trinity College Dublin
Ocupaciónpolítico, médico e participante do fórum internacional
PremiosTime 100
Na rede
http://www.leovaradkar.ie
Facebook: leovaradkar Twitter: LeoVaradkar Instagram: leovaradkar Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Leo Varadkar (pronunciado /ˈliː.oʊ vəˈɹædkəɹ/), nado en Dublín o 18 de xaneiro de 1979, é un médico e político irlandés de Fine Gael, actual Tánaiste da República de Irlanda. Anteriormente foi ministro de Protección Social e Teachta Dála por Dublín Occidental desde 2007.

Varadkar estudou medicina no Trinity College de Dublín. Traballou durante varios anos como residente antes de cualificarse como médico xeral en 2010. En 2004 pasou a ser membro do Consello do Condado de Fingal e foi tenente de alcalde antes da súa elección para o Dáil Éireann. Foi ascendido á dirección por Enda Kenny como portavoz de Empresas, Comercio e Emprego, permanecendo neste cargo até unha remodelación en 2010, cando pasou a ser portavoz de Comunicacións, Enerxía e Recursos Naturais.

Tras a formación do goberno de coalición en marzo de 2011, foi nomeado ministro de Transportes, Turismo e Deporte. Unha remodelación do gabinete en xullo de 2014 levou a Varadkar a ser nomeado ministro de Sanidade.

Vardkar ten ascendencia india, é católico e representante democristiano. Durante o seu mandato converteuse no primeiro ministro abertamente homosexual do goberno irlandés (en oposición a postura católica). Despois de formar un goberno minoritario de Fine Gael en maio de 2016, foi nomeado ministro de Protección Social.

Tras a xubilación de Enda Kenny, foi elixido líder de Fine Gael o 2 de xuño de 2017. Foi elixido Taoiseach polo Dáil Éireann o 14 de xuño, nomeamento aprobado polo presidente de Irlanda. [1] [2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Politics". RTE. 8 de xuño 2017. Consultado o 6-2-2022. 
  2. "Varadkar-may-have-smaller-majority-as-Taoiseach-than-kenny". The Irish Times. 6 de xuño de 2017. Consultado o 6-2-2022. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]