Edi Rama
Edi Rama | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Edvin Kristaq Rama |
Nacemento | 4 de xullo de 1964 |
Lugar de nacemento | Tirana |
Nacionalidade | Albania |
Relixión | catolicismo |
Alma máter | University of Arts (Albania) e Escola Nacional Superior das Belas-Artes |
Ocupación | político, pintor, xornalista, baloncestista, escultor e participante do fórum internacional |
Pai | Kristaq Rama |
Nai | Aneta Rama |
Cónxuxe | Matilda Makoçi, Linda Basha e Delina Fico |
Coñecido por | Pikëllimi i netëve kosovare |
Premios | Honorary citizen of Ulcinj e comendador da Lexión de Honor |
Na rede | |
http://www.edirama.al | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Edi Rama, nado en Tirana o 4 de xullo de 1964, é o presidente do Partido Socialista de Albania e o primeiro ministro do país dende 2013. Foi presidente da Asociación Albanesa de Alcaldes e Ministro de Cultura. Foi alcalde de Tirana dende o ano 2000 até 2011. Resultou elixido como primeiro ministro de Albania nas eleccións do 23 de xuño de 2013, nas cales a coalición liderada polos socialistas obtivo o 57,7% dos votos.[1] Asumiu como Primeiro Ministro de Albania o 10 de setembro de 2013.
Alcalde de Tirana[editar | editar a fonte]
Rama proxectou librar á capital albanesa de moitos edificios construídos ilegalmente en terras municipais, como os parques locais e os bancos de Lana. Outro proxecto no ano 2000 deu lugar á produción de 96.700 metros cadrados de zonas verdes e parques da cidade, así como a plantación de case 1.800 árbores. Tamén ordenou a pintura de moitos edificios antigos.[2] Os críticos coa súa política afirman que Rama está a centrar demasiado a atención sobre os cambios cosméticos sen fixarse en calquera dos grandes problemas como a escaseza de auga potable e electricidade.
En decembro de 2004, Edi Rama foi nomeado Mellor alcalde do mundo 2004, nunha competencia internacional baseada no voto directo por Internet, organizado pola organización comercial CITYMAYORS-non, que se atopa en Londres.[3]
Foi elixido pola revista Time como un dos heroes europeos de 2005, nunha homenaxe a 37 persoas que están a cambiar o mundo para mellor.[4]
O efecto máis criticado das súas políticas foi os moitos quioscos demolidos na cidade dende que asumiu a alcaldía. Nun intento de ampliar as estradas, autorizouse a demolición das propiedades privadas para que poidan ser pavimentadas, ampliando así as rúas. Foi acusado de corrupción e malversación de fondos pola oposición.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Robinson, Matt (2013). "Albanians hand Socialists a landslide, wait on PM to concede"; Reuters; 25 June, 2013.
- ↑ 2,0 2,1 "Edi Rama - The Man with socialist and monarchist ideas"; Albania VIP; Saturday, April 29, 2005.
- ↑ von Hove, Tann (2005) Edi Rama, Maior of Tirana elected World Maior 2004; CityMajor.
- ↑ "European Heroes"; Times; Sunday, Oct. 30, 2005.