Ana Acuña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ana Acuña Trabazo»)
Ana Acuña
Anacuña.jpg
Nome completoAna Acuña Trabazo
Nacemento22 de febreiro de 1971
Lugar de nacementoMarín
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupacióninvestigadora e profesora
Na rede
AELG: 366 Dialnet: 191168
editar datos en Wikidata ]

Ana Acuña Trabazo, nada en Marín o 22 de febreiro de 1971, é unha profesora e investigadora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutora en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesora de Lingua e Literatura na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra, da Universidade de Vigo.

Colaborou en Grial, Verba, A Trabe de Ouro. Pertence ao consello de redacción da revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos.

Tamén coordinou o Programa para Maiores no Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo.

En 2020 foi comisaria con Alfonso Vázquez Monxardín da exposición Galicia, de Nós a nós na Cidade da Cultura de Santiago.[1]

Obras[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Edición[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

25 anos con Lois Pereiro. Libraría Paz de Pontevedra. Con Lucía Novas, Ramón Rozas, Xaime Toxo e Tamara Andrés.

Colaboracións[editar | editar a fonte]

  • "O amor na obra de María Xosé Queizán", con Carmen Mejía Ruiz, Madrygal: Revista de estudios gallegos,  1138-9664, Nº 2, 1999páxs. 11-20
  • Palabras Secretas de Ana Lois”, en Boletín Galego de Literatura, nº 50 (1º semestre 2017)[2]

Premios[editar | editar a fonte]

Investigación[editar | editar a fonte]

Liñas principais: Literatura popular; literatura galega contemporánea.

Investigadora do grupo GAELT (FG3) da Universidade de Vigo.

Investigadora dos proxectos

  • “poesiagalega.org“. Constitución e xestión dun repositorio dixital da poesía galega (séculos XIX-XXI) no campo cultural. 09SEC022204PR, coordinado polo Dr. Arturo Casas (USC).
  • “Ex-sistere. A mobilidade  das mulleres na literatura galega e irlandesa contemporánea” (FFI2012-35872), coordinado pola Dra. Manuela Palacios (USC).[4]
  • “Eco-ficcións. Discursos emerxentes sobre muller e natureza en Galicia e Irlanda”. Código FEM2015-66937-P (MINECO/FEDER) Entidade financiadora: Ministerio de Economía y Competitividad e Fondo Europeo de Desarrollo Regional. Coordinado pola Dra. Manuela Palacios (USC)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Viaxes e literatura, en 'Galicia, de Nós a nós' Cidade da Cultura". www.cidadedacultura.gal. Consultado o 2020-12-12. 
  2. "Revistas". usc.es. 
  3. Gómez, Chus (28 de abril de 2015). "A profesora Ana Acuña gaña o premio Losada Diéguez coas memorias dos "madrigalegos"". diariodepontevedra.es (en castelán). Consultado o 25 de agosto de 2022. 
  4. "Ana Acuña Trabazo". uvigo.es. Consultado o 04/11/2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]