George Sand
Aparencia
(Redirección desde «Amandine Aurore Lucile Dupin»)
Amandine Aurore Lucile Dupin, máis tarde baronne Dudevant, nada en París o 1 de xullo de 1804 e finada en Nohant o 8 de xuño de 1876, foi unha escritora francesa, máis coñecida polo pseudónimo de George Sand.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi unha autora feminista, escribiu novelas, novelas curtas, contos, pezas de teatro, críticas literarias, textos políticos... Comprometeuse na política e dise que participou dalgún xeito no goberno provisorio do 1848 en París.
Foi parella do escritor Alfred de Musset e do músico Frédéric Chopin.
Obra
[editar | editar a fonte]Algunhas das principais obras da autora son:
- Indiana
- Lélia
- Mauprat
- Consuelo
- La Mare au diable
- La Petite Fadette
- Les Maîtres sonneurs
- Le Meunier d'Angibault
- Un hiver à Majorque
- Histoire de ma vie
- As damas verdes (Les Dames vertes), Hugin e Munin, traducido ao galego por Xavier Senín, ISBN 978-84-945403-6-3
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: George Sand |
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |