Panticosa
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | España | |||
| Comunidade autónoma | Aragón | |||
| Provincia | Provincia de Huesca | |||
| Capital | Panticosa | |||
| Poboación | ||||
| Poboación | 910 (2025) | |||
| Xeografía | ||||
| Parte de | ||||
| Superficie | 95,904794 km² | |||
| Altitude | 1.184 m | |||
| Comparte fronteira con | ||||
| Organización política | ||||
| • Alcalde | Ricardo Laguna Belio (en) | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 22661 | |||
| Fuso horario | ||||
| Código INE | 22170 | |||
| Sitio web | panticosa.es | |||
Panticosa (Pandicosa, en aragonés) é un concello aragonés da provincia de Huesca, situado na comarca do Alto Gállego. A súa poboación é de 819 habitantes (2010) e ten unha superficie de 95,9 km². No concello localízase a estación de esquí de Aramón Panticosa.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O municipio está sito ao norte da provincia de Huesca, no val do Tena, enclavado nos Pireneos. Dista 95,9 km da cidade de Huesca.
Entidades
[editar | editar a fonte]O concello componse de tres localidades: Panticosa, Baños de Panticosa e El Pueyo de Jaca.

Historia
[editar | editar a fonte]Os romanos coñeceron e aproveitaron as augas termais do aínda subsistente balneario de Panticosa. Fican restos dun balneario romano, de difícil acceso, con moedas de ofrenda das épocas de Augusto e Tiberio.
Afonso XII frecuentou o balneario moderno de Panticosa, o que explica parte da decoración do complexo hoteleiro.
Dialecto aragonés
[editar | editar a fonte]O falar pandicuto é a variante mellor conservada e máis viva do aragonés tensino ou do Val de Tena.
O topónimo
[editar | editar a fonte]O nome pode proceder do latín FONTICOSA, con influencia fonética vasca, no que evolúe F- inicial a p- como en pago (< fagu), o que se observa tamén en aragonés pantasma. A forma aragonesa Pandicosa con -nd- documentouna como minoritaria Francho Nagore, cando realizou a súa tese sobre o aragonés local, e está documentada en textos medievais de entre 1425 e 1450.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Aragón |

