O Partido Socialdemócrata e Laborista (SDLP, en irlandés: Páirtí Sóisialta Daonlathach an Lucht Oibre, en inglés: Social Democratic and Labour Party) é un dos dous grandes partidos nacionalistas de Irlanda do Norte. Durante a época coñecida como The Troubles, o SDLP foi o partido nacionalista máis votado no Norte de Irlanda, pero dende o alto el fogo do IRA Provisional, ten perdido votos en favor do seu principal rival político nacionalista, o Sinn Féin.
Durante o Conflito, o partido distinguiuse do Sinn Féin fundamentalmente polo seu rexeitamento á violencia para acadar as metas dos nacionalistas, namentres que o Sinn Féin máis ou menos xustificaba os métodos do IRA.