A maior parte dos seus membros estiveron no SdRP (Socjaldemokracja Rzeczypospolitej Polskiej, Socialdemocracia da República de Polonia). A SdRP, canda outros partidos socialistas e socialdemócratas, formaron unha coalición de denominada Sojusz Lewicy Demokratycznej en 1991.
Na coalición integráronse tamén antigos membros do PZPR (Polska Zjednoczona Partia Robotnicza - Partido Obreiro Unificado Polaco), que gobernou Polonia antes de 1989.
En 1999 a coalición transformouse en partido, perdendo algúns membros.