O partido obtivo o 7,3% dos votos e 41 escanos nas eleccións xerais de 1993. Nas de 1997 non superou o mínimo esixido do 5% e non obtivo representación parlamentaria. Nas eleccións de 2001 presentouse canda a Alianza da Esquerda Democrática e conseguiu 16 escanos dos 116 da coalición. Algúns membros abandonaron o partido para unirse ao Partido Socialdemócrata de Polonia (SdPl). En maio de 2004 formou unha alianza co SdPl na que ambos partidos acordaron presentarse conxuntamente ás eleccións xerais (obtiveron o 3.9% dos votos, por debaixo do 5%, ficando sen representación parlamentaria) e apoiar a Marek Borowski como candidato nas eleccións presidenciais de 2005. No 2006 formou parte da coalición Esquerda e Demócratas canda outros partidos, coa que se presentou ás elección xerais de 2007.