Saltar ao contido

Partido Democrático (Italia)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Partido Democrático
Logotipo
 Instancia de
 Composto por
L'Unità (pt) Traducir (14 de outubro de 2007 - 1 de agosto de 2014)
L'Unità (pt) Traducir (30 de xuño de 2015 - 3 de xuño de 2017)
Back to the Future (en) Traducir
Young Democrats (en) Traducir
Democratic Party of Lazio (en) Traducir
Festa de l'Unità (en) Traducir
Europa (en) Traducir (2007 - 2014)
YouDem
Democratic Party (Emilia-Romagna) (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
Partito Democratico (it) Editar o valor en Wikidata
 Historia
 Posición política
 Participou en
 Cargo dirixente
 Número de escanos lexislatura
36 Senado de Italia (9 de xuño de 2025)
21 Parlamento Europeo (9 de abril de 2025)
68 Câmara dos Deputados de Itália (pt) Traducir (9 de xuño de 2025) Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Fundador/a
 Presidente/a
Valentina Cuppi 22 de febreiro de 2020
Paolo Gentiloni 17 de marzo de 2019 - 22 de febreiro de 2020
Matteo Orfini 14 de xuño de 2014 - 17 de marzo de 2019
Gianni Cuperlo 15 de decembro de 2013 - 21 de xaneiro de 2014
Rosy Bindi 7 de novembro de 2009 - 19 de abril de 2013
Romano Prodi 14 de outubro de 2007 - 16 de abril de 2008
Elly Schlein Editar o valor en Wikidata
Membros405041 (2016) Editar o valor en Wikidata
Organizacións
Datas
 Fundación / creación
14 de outubro de 2007 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Participaron en
Localización
 Sede
 País
Identificadores
VIAF135247932 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/027v98z Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Código do catálogo
 Páxina WEB
Facebook: partitodemocratico.it Twitter: pdnetwork Instagram: partitodemocratico Youtube: UCYuVLa772VBLc7_AK9qZ8Kw Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Partido Democrático (italiano: Partito Democratico, PD) é un partido político de Italia. O partido foi fundado o 14 de outubro de 2007, a través da fusión de varios partidos de centro-esquerda, que acudiran xuntos en Unione e en L'Ulivo (en galego, A Oliveira) dende a década de 1990, nos cales destacaban, dous partidos: os Democratici di Sinistra (DS; en galego: Demóratas de Esquerda), herdeiros do antigo Partido Comunista Italiano e, a Democrazia è Libertà - La Margherita (en galego, Democracia é Liberdade-A Margarida), composto pola ala esquerda da antiga Democracia Cristiá[1] e que andaban á procura da unificación do centroesquerda italiano.

Posteriormente, engadíronse outros grupos políticos: Repubblicani Europei (Movemento Europeo Republicano) de ideoloxía social-liberal, Italia de Novo (centro), Alianza Reformista (socialdemócrata) etc.

O PD a pesar de ser descrito como socialdemócrata[2], ten varias correntes internas. Por iso, o partido pode ser definido coma un catch-all-party, porque, dentro do partido, hai liberais, que defenden o liberalismo económico[3], coma Matteo Renzi, que segue unha liña inspirada pola Terceira vía de Tony Blair[3], pasando pola esquerda cristiá[4], até socialistas democráticos, próximos aos sindicatos da socialdemocracia tradicional[5].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

As primeiras propostas para un novo partido

[editar | editar a fonte]

En 2003, Michele Salvati, elixido nas listas dos demócratas de esquerda, publicou varios artigos nos xornais Il Foglio e La Repubblica,[6] nos que bosquexaba un novo partido, a partir dos axentes sociais da cultura democrática, dos cristiáns-sociais e dos socio-liberais. A idea de Salvati, foi recuperada e apoiada por Romano Prodi, daquela, presidente da Comisión Europea que pretendía unha lista común de todo o centro-esquerda para as eleccións europeas de 2004.[7] Nela estarían incluídos, Democratici di Sinistra (socialdemócratas) e Democrazia è Libertà - La Margherita (centristas de tipo cristián-sociais e socioliberais), Socialisti Democratici Italiani (SDI) e Repubblicani Europei. A lista, Uniti nell'Ulivo, conseguiu un 31,1% dos votos e 25 europarlamentarios que se dividiron en 2 grupos: uns entraron no Grupo socialista e outros na ALDE (Alianza de Liberais e Demócratas Europeos). Igualmente, Prodi, tentou unha lista unitaria nas eleccións xerais italianas de 2006, mais La Margherita preferiu ir soa.

A lista de unidade configurouse para as eleccións rexionais italianas de abril de 2005, mais só se presentaron en 9 das 14 rexións. O 16 de outubro de 2005, realizáronse eleccións primarias para escoller ao novo líder da coalición de centroesquerda, que adoptou o nome de Unione (Unión). Os membros da federación de L'Ulivo (coloquialmente chamada a "Fed") apoiaron a candidatura de Romano Prodi, que acadou o 74% dos votos e se converteu no candidato do centroesquerda á Presidencia do Consello de Ministros de Italia 2006.

O éxito convenceu a La Margherita, que aceptou presentar a lista unitaria de L'Ulivo para a Cámara de Representantes, no entanto cada partido mantivo o seu propio símbolo para as eleccións ao Senado. De seguido, das eleccións primarias, o SDI indicou que non estaba interesado na cración dun partido unitario e acabarían asinando un acordo cos Radicais Italianos na candidatura Rosa nel Pugno.

Nunha asemblea no Club de Prensa de Milán, o 11 de febreiro de 2006, na que participaron persoas da cultura, do periodismo, da política e da economía, para a creación dunha Asociación para o Partido Demócrata. Ademais, o propio Romano Prodi, encargou a trece figuras do mundo da cultura e a política a redacción dun Manifiesto para o Partido Demócrata, un documento que se fixo público en decembro de 2006.

  1. Slomp, Hans (2011-09-30). Europe, A Political Profile: An American Companion to European Politics (en inglés). ABC-CLIO. ISBN 9780313391811. 
  2. Collin & Martin (2012), p. 218
  3. 3,0 3,1 "Archivio Corriere della Sera". archivio.corriere.it. Consultado o 2018-12-12. 
  4. "Parties and Elections in Europe". parties-and-elections.eu (en inglés). 2018. Consultado o 12-12-2018. 
  5. Latto, Maria Rita (5-11-2008). "Italy. Everybody Is Crazy For Obama". iItaly.org (en inglés). Consultado o 12-12-2018. 
  6. Salvati, Michele (15-4-2003). "Perché voglio il Partito democratico". repubblica.it (en italiano). Consultado o 3-6-2019. 
  7. Lindner, Claudio (18-3-2003). "«Non mi dimetto dall' Unione anche in caso di voto anticipato»". corriere.it (en italiano). Consultado o 3-6-2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]