Uladzimir Tarasievič
Уладзімір Тарасевіч (Uladzimir Tarasievič) | |
---|---|
Bispo da Igrexa católica bizantina belarusa | |
Biografía | |
Nacemento | 27 de novembro de 1921 en Kliešniaki, voivodato de Nowogródek, Polonia (hoxe Belarús) |
Pasamento | 2 de xaneiro de 1986 en Chicago, Estados Unidos de América |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 26 de maio de 1949 |
Consagración episcopal | 8 de setembro de 1983, por Inokentii Lototskyi |
Visitador apostólico para os grecocatólicos belarusos no exterior Bispo titular de Mariamme | |
1983 - 1986 | |
Predecesor | Časlaŭ Sipovič |
Sucesor | Aliaksandr Nadsan |
Outros | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
Uladzimir Tarasievič (en belaruso: Уладзімір Тарасевіч), nado o 27 de novembro de 1921 en Kliešniaki (voivodato de Nowogródek, Polonia; hoxe Belarús) e finado o 2 de xaneiro de 1986 en Chicago (Estados Unidos de América), foi un bispo grecocatólico belaruso, visitador apostólico para os fieis belarusos no exterior dende 1983 até o seu pasamento.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu nunha familia católica en Kliešniaki, preto de Hrodna, o 27 de novembro de 1921.[1] Pouco antes de comezar a segunda guerra mundial emigrou aos Estados Unidos de América xunto co seu tío, Janka Tarasievič.[1] Alí estudou no seminario e no St. Procopius College en Lisle.[1] En 1944 entrou na Orde de San Bieito,[1] e aos vinte e sete anos, o 26 de maio de 1949, foi ordenado sacerdote da devandita orde.[1]
En 1950 graduouse pola Universidade Católica de América,[1] e continuou os seus estudos en Roma, no Pontificio Instituto Oriental e na Pontificia Universidade Gregoriana,[1] doutourándose en Teoloxía en 1958.[1] Posteriormente estivo encargado até a súa morte da parroquia grecocatólica belarusa do Cristo Salvador en Chicago,[1] sendo elevado en 1975 ao rango de arquimandrita.[1] Ao pouco de volver aos Estados Unidos, o 24 de abril de 1959 dirixiu unha oración no Congreso dos EUA polo pobo belaruso.[1]
O 1 de xullo de 1983 foi nomeado bispo titular de Mariamme e visitador apostólico para os grecocatólicos belarusos no exterior.[1] Recibiu a consagración episcopal o 8 de setembro de 1983 de mans do bispo de San Nicolao de Chicago Inokentii Lototskyi.
Finou o 2 de xaneiro de 1986,[1][2] e sucedeuno como visitador apostólico Aliaksandr Nadsan.[3][4][5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 Языковіч, Ларыса Уладзіміраўна (2001). "ТАРАСЁВІЧ. Уладзімір". Рэлігія і царква на Беларусі: Энцыклапедычны даведнік (en belaruso). Беларуская энцыклапедыя. p. 323.
- ↑ "Obituary" (PDF). St. Peter's Abbey Newsletter 9 (3): 14. inverno 1985-1986.
- ↑ Fede e martirio: le Chiese orientali cattoliche nell'Europa del Novecento: atti del Convegno di storia ecclesiastica contemporanea. Libreria Editrice Vaticana. 2003. p. 62. ISBN 9788820927837.
- ↑ Stępień, Stanisław (1994). Polska-Ukraina, 1000 lat sąsiedztwa 2. Południowo-Wschodni Instytut Naukowy. p. 177.
- ↑ Michalak, Henryk Stanisław; Spodenkiewicz, Paweł (1991). Colloquium narodów: materiały z Sympozjum "Litwini, Białorusini, Ukraińcy, Polacy - Przesłanki Pojednania", Łódź, październik 1987. Nakł. Tomasza Filipczaka. p. 30. ISBN 9788300034819.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Kipelʹ, Vitaŭt (1999). Belarusans in the United States. University Press of America. ISBN 9780761813064.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Bishop Vladimir Ladislas Tarasevitch, O.S.B., en Catholic-Hierarchy.org (en inglés)
- Nekrolog 1986, en Apostolische-Nachfolge.de (en alemán)
- Bp Włodzimierz Tarasewicz OSB, en Unici.pl (en polaco)
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Časlaŭ Sipovič |
Visitador apostólico dos fieis grecocatólicos belarusos no exterior 1983 - 1986 |
Sucesor: Aliaksandr Nadsan |