Hlib Lonchyna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Hlib Lonchyna
Hlib Lonchyna.JPG
Bispo da Igrexa Católica Bizantina Ucraína
Biografía
Nacemento23 de febreiro de 1954 en Steubenville, Estados Unidos
Nome secularBorys Sviatoslav Lonchyna
Ordes
Ordenación sacerdotal3 de xullo de 1977, por Yosyf Slipyi
Consagración episcopal27 de febreiro de 2002, por Liubomyr Huzar
Orde relixiosaMonxes Estuditas Ucraínos
Bispo de Sagrada Familia de Londres
2011 - actualidade
Outros
Coat of arms of Hlib Lonchyna.svg
Escudo de Hlib Lonchyna
Ficha en catholic-hierarchy.org

Hlib Lonchyna, nado como Borys Sviatoslav Lonchyna o 23 de febreiro de 1954 en Steubenville (Estados Unidos), é un eclesiástico católico ucraíno, monxe estudita e, dende 2011, bispo da Sagrada Familia de Londres.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Hlib Lonchyna naceu o 23 de febreiro de 1954 nunha familia de ascendencia ucraína en Steubenville, no territorio da eparquía ucraína de Parma.[1][2]

En 1975 entrou no mosteiro dos estuditas de Grottaferrata, e o 19 de decembro de 1976 fixo a profesión solemne como monxe estudita.[2] Posteriormente, o 3 de xullo de 1977 foi ordenado sacerdote dos estuditas polo arcebispo maior de Lviv Yosyf Slipyi.[1][2]

Licenciouse en Teoloxía bíblica pola Pontificia Universidade Urbaniana en 1979, e posteriormente exerceu o seu ministerio na parroquia de San Nicolao de Passaic (Nova Jersey). En 1994 trasladouse a Ucraína, onde foi director espiritual do seminario maior de Lviv. Posteriormente continuou os seus estudos, doutourándose en Teoloxía litúrxica poloa Pontificio Instituto Oriental en 2001.

O 11 de xaneiro de 2002 foi nomeado bispo auxiliar de Lviv e bispo titular de Bareta. Recibiu a consagración episcopal o 27 de febreiro,[1][2] de mans do arcebispo maior Liubomyr Huzar, e tivo como principais co-consagrantes ao arcebispo de Filadelfia Stefan Soroka e ao bispo de Sambir-Drohobych Yulian Voronovskyi.

O 14 de xaneiro de 2003 foi nomeado visitador apostólico para os greco-católicos ucraínos de Italia, e procurador do arcebispo maior ante a Santa Sé. O 4 de marzo de 2004 foi nomeado tamén visitador apostólico para España e Irlanda.[1]

O 6 de decembro de 2004 foi nomeado bispo auxiliar de Kiev, ao trasladarse a esta cidade a sé arquiepiscopal maior.

En xaneiro de 2009, foi nomeado Dionisio Lachovicz como visitador apostólico para España e Italia, mais Lonchyna seguiu a ser visitador apostólico para Irlanda.

O 2 de xuño de 2009 foi nomeado administrador apostólico do exarcado apostólico de Gran Bretaña,[2] e o 14 de xuño de 2011 exarca apostólico.[2] Coa elevación da sé ao rango de eparquía, pasou a ter o título de bispo da Sagrada Familia de Londres.[2]

Logo do pasamento de Aliaksandr Nadsan o 15 de abril de 2015 os fieis greco-católicos bielorrusos no Reino Unido pasaron a depender da eparquía da Sagrada Familia de Londres.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Annuario pontificio per l'anno 2009 (en italiano). 2008. p. 862. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Larsen, Chris (2016). Catholic Bishops of Great Britain: A Reference to Roman Catholic Bishops from 1850 to 2015 (en inglés). Sacristy Press. p. 49. ISBN 9781910519257. 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
(primeiro)
 Visitador apostólico para os grecocatólicos ucraínos en Italia 
2003 - 2009
Sucesor:
Dionisio Lachovicz
Predecesor:
(primeiro)
 Visitador apostólico para os grecocatólicos ucraínos en Irlanda 
2004 - actualidade
Sucesor:
(no cargo)
Predecesor:
(primeiro)
 Visitador apostólico para os grecocatólicos ucraínos en España 
2004 - 2009
Sucesor:
Dionisio Lachovicz
Predecesor:
Paul Chomnycky
 Exarca apostólico de Gran Bretaña 
2011 - 2013
(administrador apostólico dende 2009)
Sucesor:
(elevación da sé)
Predecesor:
(elevación da sé)
 Bispo da Sagrada Familia de Londres 
2013 - actualidade
Sucesor:
(no cargo)