Asociación de Belarusos en Gran Bretaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Asociación de Belarusos en Gran Bretaña (en belaruso Згуртаваньне беларусаў у Вялікай Брытаніі, tr. Zhurtavańnie bielarusaŭ u Vialikaj Brytanii) é unha organización no Reino Unido que agrupa a membros da diáspora belarusa neste país.

Historia[editar | editar a fonte]

Cando rematou a Segunda Guerra Mundial, varios centos de belarusos chegaron a Gran Bretaña; moitos deles eran antigos soldados do exército de Anders.

En 1946 foi estabelecida a asociación, con seccións en Londres, Manchester e Bradford, e posuíu varios edificios como a Belarusian House de Londres.

Co apoio da asociación, foi creada en 1954 a Sociedade Anglo-Belarusa co fin de promover o contacto entre británicos e belarusos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]