Alfredo Iglesias Diéguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlfredo Iglesias Diéguez
Biografía
Nacemento14 de setembro de 1966 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 313563

Alfredo Iglesias Diéguez, nado en Vigo o 14 de setembro de 1966, é un profesor, paleoantropólogo e historiador galego, coordinador da área de ciencias sociais da Enciclopedia Galega Universal e membro fundador do Institut Charles Darwin International de París.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutor en Historia, é especialista en evolución humana. Profesor de Ciencias Sociais no IES Xulián Magariños de Negreira. Dende 1984 está vinculado ao proxecto Orce-Cueva Victoria, que dirixiu o Dr. Gibert ata o ano 2007, participando nas escavacións de Venta Micena, Barranco León, Fuente Nueva 1 e Barranco del Paso (Orce, Provincia de Granada) e Cueva Victoria (Cartaxena). No ámbito da a evolución humana é autor de numerosas investigacións publicadas en revistas especializadas de ámbito internacional (Human Evolution, L’Anthropologie...) e nacional (Gallaecia, Estudios de sociolingüística…), así como en revistas de carácter xeral (A Trabe de Ouro); así mesmo, é autor –unhas veces en solitario e outras en colaboración-, de capítulos nos libros Presencia humana en el Pleistoceno inferior de Granada y Murcia (1992), Pour Darwin (1997),[1] Los homínidos y su entorno en el pleistoceno inferior y medio de Eurasia (1999),[2] A very remote period indeed (2001),[3] Miscelanea en homenaje a Emiliano Aguirre (2005),[4] The Human Evolution Source Book (2006) e O darwinismo e Galicia (2009),[5] así como do libro Historia do pensamento antropolóxico en Galicia (1999),[6][7] baseado nas investigacións realizadas en relación coa súa Tese de doutoramento,[8] pola que obtivo o premio extraordinario en 1999.

Dende 1995 ata o 2011 colaborou habitualmente en Galicia Hoxe[9] (antes O Correo Galego), tanto no suplemento Descubrir, con artigos de divulgación científica ou histórica, como nunha columna de opinión titulada Na marxe esquerda, na que escribiu centos de artigos relacionados coa igualdade de dereitos, a solidariedade, o altermundismo, a crise da democracia e do capitalismo… Por un dos primeiros artigos publicados n’O Correo Galego: “SOS Racismo, a humanidade en perigo”, recibiu o Premio Puro Cora de Xornalismo en 1996. Así mesmo, dende 2003 é colaborador habitual de Faro da Cultura, do xornal Faro de Vigo, no que colabora con recesións de libros de ensaio. Tamén ten publicado artigos en Altermundo, portal altermundista galego do que pertence ao seu consello editorial, e en Rebelión.[10] Integrou o equipo de redacción da Enciclopedia Galega Universal. Tamén participou na realización de libros de texto nas editoriais Tambre e Obradoiro, coa que segue a traballar na actualidade. No ano 2014 recibiu o Premio Maruxa Mallo.

Vinculado dende a súa mocidade a organizacións sociais e políticas de esquerda, foi membro da Comisión Permanente do Secretariado Nacional do Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza (STEG) (2009-2011), organización á que representou no Consello do Foro Social Galego.

No 2017, comezou a organizar no IES Maruxa Mallo o Congreso Escolar Polas Igualdades, que conta xa con cinco edicións. Como profesor de ciencias socias, organizou relatorios, exposición e demais sobre a historia do feminismo, e outras desigualdades que ocorreron ao largo dos últimos séculos. Pertence así ao Colectivo 8 de Marzo, que é o comité organizativo do congreso.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio
Obras colectivas
Traducións
Obras colectivas
  • O traballo, 2002. Cartafol con 12 láminas de Mingos Teixeira.

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Obras colectivas
  • Bandolerismo, vino y farándula en el Camino de Santiago, 1999. Con 15 estampas de Camilo Otero. ISBN 978-84-00-29865-4
  • Para conocer y comprender el Camino de Santiago: el libro imprescindible para antes de emprender la Ruta Sagrada, 2001, Ir Indo.[16] ISBN 978-84-7680-366-0
  • Cincuenta (+nueve) conversaciones filosóficas,[17] de Salvador López Arnal (ed.), 2018, ediciones del Genal. ISBN 978-84-17186-59-3
Traducións

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Congrès international «Pour Darwin»
  2. Los homínidos y su entorno en el pleistoceno inferior y medio de Eurasia en Dialnet.
  3. "A Very Remote Period Indeed". Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2018. Consultado o 17 de xullo de 2018. 
  4. Miscelanea en homenaje a Emiliano Aguirre en Dialnet.
  5. O darwinismo e Galicia en Dialnet.
  6. Historia do pensamento antropolóxico en Galicia en Dialnet.
  7. Recensión, por Tito A. Varela López
  8. A investigacion en España sobre o evolucionismo humano en Dialnet.
  9. "El Correo Gallego". Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2018. Consultado o 17 de xullo de 2018. 
  10. "Rebelion.org". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 17 de xullo de 2018. 
  11. 15-M: o pobo indignado Arquivado 17 de xullo de 2018 en Wayback Machine. na páxina web da editorial.
  12. A praza é nosa en Dialnet.
  13. "A Praza é Nosa: o 15M, dende Galicia, en galego e por autores galegos" Galicia Confidencial, 31/12/2011.
  14. "Conversando con Eduardo Galeano" Arquivado 17 de xullo de 2018 en Wayback Machine. El Correo Gallego, 25/5/2008.
  15. "Galeano en Galiza e en galego" Arquivado 17 de xullo de 2018 en Wayback Machine. Galicia Hoxe.
  16. Coordinador con Mercedes Pacheco Vázquez.
  17. Presentación del libro Cincuenta (+ nueve) conversaciones filosóficas, (Málaga, Ediciones del Genal, 2018) (en castelán).
  18. "Homero o la larga sombra de la Ilíada" El País, 16/7/2005 (en castelán).
  19. "Universidad Nacional Autónoma de México". Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2018. Consultado o 17 de xullo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]