Alexandre o etolo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 315 a. C. Pleuron, Grecia (en) |
Morte | século III a. C. |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía e literatura classicista (pt) |
Ocupación | escritor , poeta , epigramatista |
Lingua | Grego antigo |
Alexandre o etolo (latín Alexander Etolus, grego antigo Ἀλέξανδρος ὁ Αἰτωλός) foi un poeta e escritor grego, o único representante coñecido da poesía etolia[1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era fillo de Sátiro e Estratoclea, e naceu en Pleuron en Etolia, aínda que pasou gran parte da súa vida en Alexandría, onde foi considerado un dos sete poetas tráxicos que conformaron as Pléiade tráxica.[2][3][4][5] Floreceu ao redor do -280, durante o reinado de Ptolomeo II Filadelfo. O rei encargoulle de recoller todas as traxedias e dramas satíricos existentes, e deulle un despacho na Biblioteca de Alexandría. Pasou un tempo con Antágoras de Rodas e Arato na corte de Antígono II Gonatas.
Obras
[editar | editar a fonte]A pesar da súa distinción como poeta tráxico, parece que o consideraban mellor escritor de poemas épicos, elexías, epigramas e cynaedi. Entre os seus poemas épicos atopamos os títulos e algúns fragmentos de tres pezas: O pescador (ἁλιεὺς, Ateneo de Naucratis, 7.296), Kirka ou Krika (tamén citado por Ateneo, 7.283), que, porén, di que é dubidoso, e Helena (Bekker, Anecd. páx. 96.).
Das súas elexías aínda quedan algúns fermosos fragmentos, conservados por Ateneo (4.170, XI. páx. 496, xv. páx. 899), Estrabón (XII. páx. 556, XIV. páx. 681) Partenio de Nicea (Erotica 4 Xoán Tzetzes Ad Lycophr. 266). Os seus Cynaedi, ou Ἰωνικὰ ποιήματα ("ioniká poiémata" 'poemas xónicos'), son mencionados por Estrabón e Ateneo. Aulo Xelio[1] conserva algúns versos anapestos en loanza de Eurípides.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 William Smith (ed.). A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Little, Brown and Company.
- ↑ Suídas, s. v.
- ↑ Eudocia p. 62
- ↑ Pausanias, Descrición de Grecia II. 22. § 7
- ↑ escoliasta, a Hom Il. XVI. 233
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Meineke, Analecta Alexandrina (1843).
- Bergk, Poetae Lyrici Graeci
- Auguste Couat, La Poésie alexandrine (1882).
- Este artigo contén textos da edición de 1911 da Encyclopædia Britannica, dispoñible sen restricións coñecidas de dereito de autor.
- Smith, William, ed. (1867). A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology (en inglés). Boston: Little, Brown and Co.