Alexander von Middendorff

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alexander von Middendorff
Nome completoAlexander Theodor von Middendorff
Nome de nacementoАлекса́ндр Фёдорович Ми́ддендорф
(Alekséndr Fyodorovich Míddendorf)
Nacemento6 de agosto de 1815 cal. xul.
Lugar de nacementoSan Petersburgo, Imperio Ruso
Falecemento16 de xaneiro de 1894 cal. xul.
Lugar de falecementoHellenorm Manor, Hellenorm, Kreis Dorpat, Gobernorato de Livonia (hoxe, Hellenurme, Condado de Valga, Estonia)
SoterradoCemiterio de Hellenorm Manor, Gobernorato de Estonia
Nacionalidaderusa (Sección dos Alemáns do Báltico)
Alma máterUniversidade Imperial de Dorpat (hoxe Universidade de Tartu)
Universidade Humboldt de Berlín
Universidade de Erlangen-Núremberg
Universidade de Viena
Universidade de Breslau (hoxe, de Wrocław)
OcupaciónBotánica, xeografía e zooloxía
PaiTheodor Johann von Middendorff
FillosErnst von Middendorff
ProfesiónBiólogo, botánico, explorador, médico, ornitólogo, profesor universitario, terratenente e zoólogo
OrganizaciónUniversidade Imperial de San Vladimir
PremiosVéxase o texto
editar datos en Wikidata ]

Alexander von Middendorff (en ruso Алекса́ндр Фёдорович Ми́ддендорф Alekséndr Fyodorovich Míddendorf, nado 18 de agosto de 1815 en San Petersburgo, e finado o 24 de xaneiro de 1894 en Hellenurme, condado de Valga, Livonia, Estonia, foi un zoólogo e explorador ruso de orixe alemá (era un dos chamados alemáns do Báltico).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Von Middendorff obtivo o seu título de Doutor en Medicina na Universidade de Tartu en 1837. Proseguíu os seus estudos en Berlín, Erlangen, Viena e Breslau.

En 1839 foi profesor asistente de zooloxía na Universidade de Kíiv.

Formou parte da expedición de exploración da península de Kola conducida por Karl Ernst von Baer.

Desde 1843 a 1845 explorou a península de Taimyr en Siberia por conta da Academia de Ciencias de San Petersburgo.

Publicou as súas observacións en catro volumes co título Reise in den äussersten Norden und Osten Sibiriens (1848-1875), onde describe os efectos do permafrost sobre a fauna e a flora.

Aos 40 anos obtén o cargo de secretario da Academia de Ciencias de San Petersburgo, en recoñecemento ás súas exploracións.

Continua con elas até o seu retiro en 1860.

Interesouse pola migración das aves en Rusia, na súa obra Die Isepiptesen Russlands (1855).

Abreviaturas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gruson, Edward S. (1972): Words for Birds. A Lexicon of North American Birds with Biographical Notes. NoVa York: Quadrangle Books. ISBN 978-0-6866-6640-0.
  • Tammiksaar, E. & I. Stone (2007): "Alexander von Middendorff and his expedition to Siberia (1842–1845)". Polar Record 43 (226): 193-216.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.