Península de Kola
Aparencia
Coord.: 68°N 36°L / 68, 36
| Tipo | península | |||
|---|---|---|---|---|
| Situado na entidade xeográfica | Fenoscandia | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Óblast de Múrmansk, Rusia | |||
| ||||
| Bañado por | Mar de Barents, Mar Branco, Imandra (en) | |||
| Características | ||||
| Superficie | 100.000 km² | |||

A Península de Kola (en saami setentrional: Guoládat; en ruso: Ко́льский полуо́стров, Kolsky poluostrov) é unha península que se atopa no norte da Rusia europea, no oblast de Múrmansk. Limita ao norte co mar de Barents e ao leste e ao sur co mar Branco.
A fronteira occidental da península de Kola esténdese ao longo do meridiano desde o golfo de Kola a través do lago Imandra, o lago Kola e o río Niva ata o golfo de Kandalaksha. A península cobre unha área de máis de 100.000 km². A costa setentrional elévase abruptamente desde o nivel do mar, mentres que a meridional é practicamente chá. Ao oeste da península atópanse dúas cordilleiras: as montañas Khibinys e a tundra de Lovozero.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
