Alcoià

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alcoià
Ull del Moro. Alcoi.JPG
Ull del Moro, Alcoi
Localización
Localització de l'Alcoià respecte del País Valencià.svg
ProvinciaAlacant
Datos
CapitalAlcoi
Cidade máis poboadaAlcoi
Poboación109.100[1] hab.(2016)
Superficie539,70 km²
Densidade202.15 hab./km²
Nº de concellos8
Lingua propiaValenciano

O Alcoià é unha comarca do centro da Comunidade Valenciana, na provincia de Alacant. A súa capital é Alcoi. Limita co Vall d'Albaida e el Comtat polo norte, a Marina Baixa ao leste, o Alacantí e o Vinalopó Mitjà ao sur, e o Alt Vinalopó polo oeste.

Na proposta de distribución de comarcas de Joan Soler i Riber de 1970[2] tamén se inclúen na comarca de Alcoià as poboacións do Vall de Biar que nas Demarcacions Territorials Homologades (DTH) da Generalitat aparece no l'Alt Vinalopó: Beneixama, Biar, El Camp de Mirra e la Canyada de Biar.

Os concellos que pertencen á comarca de Alcoià son: Alcoi, Banyeres de Mariola, Benifallim, Castalla, Ibi, Onil, Penàguila e Tibi.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Trátase dunha comarca montañosa, que presenta diversas foies interiores, como a Foia de Castalla e a de Alcoi, separadas por diversas serras, entre as cales destacan a serra del Menejador que pertence ao Carrascar de la Font Roja, a Mariola ou la Carrasqueta.

Clima e vexetación[editar | editar a fonte]

O clima é totalmente mediterráneo, pero máis frío que nas comarcas costeiras. Nas serras hai unha vexetación orixinal de carballos, piñeiros e especies aromáticas, por riba de todo na serra de Mariola.

Demografía[editar | editar a fonte]

Segundo o INE a 1 de xaneiro do 2016, os concellos que conformaban a comarca tiñan a seguinte poboación:

  • Alcoi: 59.198 habitantes.
  • Banyeres de Mariola: 7.108 habitantes.
  • Benifallim: 114 habitantes.
  • Castalla: 9.859 habitantes.
  • Ibi: 23.365 habitantes.
  • Onil: 7.494 habitantes.
  • Penàguila: 328 habitantes.
  • Tibi: 1.634 habitantes.

Economía[editar | editar a fonte]

A agricultura é de secano (cereais, uvas , oliveiras e améndoas). Hoxe, non obstante, a actividade principal da comarca é a industrial, especialmente a téxtil, a do calzado, a do papel e a de xoguetes. A cidade máis grande é Alcoi, capital da comarca, que conta cunha importante tradición industrial papeleira e metalúrxica que se alcanzou no século XX, pero a industria téxtil é a máis importante na actualidade. Son tamén importantes as poboacións de Ibi, que conta con industrias de xoguetes mecánicos; Onil, dedicada á fabricación de bonecas, e Castalla, que se especializou tamén na produción de xoguetes.

Delimitacións históricas[editar | editar a fonte]

A comarca de Alcoià é de creación moderna, creada no 1989, e comprende a comarca histórica da Foia de Castalla, e parte da antiga Valls d'Alcoi. Estas comarcas antigas aparecen no mapa de comarcas de Emili Beüt "Comarques naturals del Regne de València" publicado en 1934.

Gastronomía[editar | editar a fonte]

A comida de Alcoià é típica da dieta mediterránea de montaña, e incorpora pratos típicos como a pericana, cebolas en vinagre, e os taretes, en forma de tapa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "INE 2016, concellos de Alcoià" (en castelán). www.ine.es. Consultado o 3 de xullo de 2017. 
  2. Soler i Riber, Joan (2014). El desarrollo territorial valenciano: Reflexiones en torno a sus claves. València: Universitat de València. pp. 58–59. ISBN 843709545X. Consultado o 3 de xullo de 2017.