Saltar ao contido

Alacantí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAlacantí
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 38°20′46″N 0°29′05″O / 38.3461, -0.4847
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
ProvinciaProvincia de Alacant Editar o valor en Wikidata
CapitalAlacant Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación494.685 (2022) Editar o valor en Wikidata (734,4 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá (lingua predominante) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie673,59 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con

Casa do Concello de Alacant
Mercat Central de Alacant

O Alacantí é unha comarca do sur da Comunidade Valenciana con capital en Alacant. Limita ao norte co Alcoià, ao leste coa Marina Baixa e o mar Mediterráneo, ao sur co Baix Vinalopó e ao oeste co Vinalopó Mitjà.

A comarca presenta dous espazos claramente diferenciados a nivel demográfico, social, económico e de marco físico: por unha banda está a Horta de Alacant, área moi densamente poboada repartida sobre unha superficie case plana, e doutra banda uns municipios periféricos, situados en altura, entre os que se atopa unha subcomarca formada por Xixona e La Torre de les Maçanes, a Foia de Xixona (Fondal de Xixona en galego).

Durante a colonización cristiá na idade media, a comarca do Alacantí foi das últimas conquistadas aos árabes. A conquista foi pacífica e o territorio foi adscrito ao Reino de Castela, en 1244, en virtude do tratado de Almizra, habendo pouco tempo despois unha sublevación musulmá en 1248 sufocada coa axuda de Jaume I. Despois de anos de disputas no 1304, Dinís de Portugal, o infante Xoán I de Castela e o bispo de Zaragoza, pola Sentenza de Torrelles acordan deixar definitivamente adscritas ao Reino de Valencia as terras do Alacantí, baixo reinado do rei Jaume II o Xusto.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A comarca histórica da Horta de Alacant correspóndese coa conurbación de Alacant, un conxunto urbano que engloba ademais da capital, a Sant Joan d'Alacant, Mutxamel, Sant Vicent del Raspeig e El Campello (a área metropolitana de Alacant-Elx inclúe a case todos os demais municipios da comarca e os do baix Vinalopó: Elx, Santa Pola e Crevillent). Centrada sobre a cidade de Alacant, o resto de núcleos urbanos atópanse a modo de prolongacións da expansión urbana, servindo como zonas residenciais (todas elas), de expansión industrial (Sant Vicent) ou especializadas cara ao turismo (El Campello). Fortemente urbanizada, esta aglomeración presenta unha densidade de poboación de 1.226 hab/km². No plano agrícola, que é ao que debe o seu nome, a Horta de Alacant consiste nun territorio relativamente plano de terras fértiles, convertido ao regadío grazas principalmente ao uso das augas do río Montnegre.

Á parte de Agost, o resto das poboacións constitúen a histórica comarca da Foia de Xixona, con Xixona, La Torre de les Maçanes, Busot, e Aigües. Trátase en realidade de poboacións de transición entre a Horta de Alacant e outras comarcas (respectivamente, a Foia de Xixona co Alcoià, Agost co Vinalopó Mitjà e Busot e Aigües coa Marina Baixa). Salvo Xixona, poboación industrial que é deles o maior núcleo urbano, os demais núcleos de poboación son de tipo rural, contrastando enormemente coas poboacións da Horta de Alacant. Non en balde, esta serie de municipios periféricos presenta unha densidade de poboación de tan só 50,3 hab/km², unhas 24 veces menor que a da conurbanización alacantina.

Concellos

[editar | editar a fonte]

Os datos básicos dos dez concellos, coas cifras de poboación do padrón municipal de habitantes de 2023,[1] son:

Concello Habitantes
(2023)
Sup.
(km²)
Densidade
(2023)
(hab./km²)
Alacant 349.282 201,3 1735,1
Sant Vicent del Raspeig 59.928 40,6 1476,1
El Campello 29.993 55,3 542,4
Mutxamel 27.078 47,7 567,7
Sant Joan d'Alacant 25.275 9,6 2632,8
Xixona 7.032 163,8 42,9
Agost 5.067 66,6 76,1
Busot 3.534 33,8 104,6
Aigües 1.146 18,5 61,9
La Torre de les Maçanes 714 36,5 19,6
Alacantí 509.049 673,6 755,7

O valenciano é a lingua de predominio lingüístico da comarca.

Economía

[editar | editar a fonte]

A poboación é considerabelmente densa e os seus principais núcleos son: Sant Vicent del Raspeig, con industrias de cemento e papeleira, típica cidade dormitorio, onde se atopa a Universidade de Alacant. En Agost prodúcese baldosa destinada á construción e cantaría tradicional, en Sant Joan d'Alacant tamén outro municipio dormitorio que ten outra universidade, a de Miguel Hernández, ademais de numerosas grandes superficies comerciais, e El Campello, con porto pesqueiro.

Alacant, a capital da comarca, experimentou un rápido desenvolvemento, especialmente a partir do século XVIII, debido ao seu activo comercio marítimo. Ten unha variada industria de aluminio, química, talleres metalúrxicos e de motores, cerámica, alimentaria, do tabaco etc., ademais de ser un centro pesqueiro. No entanto, unha das actividades máis importantes da comarca constitúena o turismo, fundamentalmente á Praia de Sant Joan, e os sectores económicos relacionados.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]