Vinalopó Mitjà
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
| Provincia | Provincia de Alacant | ||||
| Capital | Elda Novelda | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 174.234 (2024) | ||||
| Lingua oficial | lingua catalá (lingua predominante) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 798,6 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
O Vinalopó Mitjà (en castelán: Medio Vinalopó) é unha comarca situada na zona montañosa da provincia de Alacant, no País Valenciano. A súa capital e concello máis poboado é Elda.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A comarca atópase nunha zona cunha orografía moi accidentada, con numerosos vales e serras que delimitan as súas fronteiras naturais. Está formada por catro vales, un que discorre de forma vertical e os outros tres de forma horizontal. O val principal é o que forma o corredor do río Vinalopó, que dá nome á comarca, en dirección norte-sur. Neste corredor atópanse as localidades máis poboadas da comarca.
Limita ao norte e oeste co Alt Vinalopó, ao leste co Alacantí e ao sur co Baix Vinalopó.
Concellos
[editar | editar a fonte]Lingua
[editar | editar a fonte]A maioría dos municipios da comarca están incluídos na demarcación de predominio lingüístico do valenciano, excepto a capital, Elda, e os municipios de Aspe e Monforte del Cid, que foron sempre tradicionalmente de lingua castelá. Con todo, a lingua maioritaria na comarca é o castelán debido ao maior peso demográfico destes tres municipios (case a metade da poboación da comarca), e polo amplo predomino do castelán en Petrer e, en menor medida, noutros municipios valencianofalantes.
