Manuel Méndez Domínguez
Manuel Méndez Domínguez | |
---|---|
Nacemento | 1 de xaneiro de 1903 |
Lugar de nacemento | Ourense |
Falecemento | 1999 |
Lugar de falecemento | Ourense |
Nacionalidade | España |
Ocupación | avogado e debuxante |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Manuel Méndez Domínguez, nado en Ourense o 1 de xaneiro de 1903 e finado na mesma cidade en 1999, foi un avogado e debuxante galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de José Méndez Novoa. Debuxante, foi alumno de Castelao no Instituto de Pontevedra, con que logo colaborou como ilustrador. Colaborou en Alborada, Nós, La Zarpa, Alfar e Parábola (Burgos). Amigo de Luís Amado Carballo, foi o autor de varias portadas para libros seus, como O Galo e Proel, e tamén publicou unha caricatura súa no primeiro número de Vida Céltiga. Tamén deseñou as portadas de O Cabaleiro do Sant-Grial de Ramón Cabanillas e Orto de Francisco Luís Bernárdez. Realizou dúas exposicións: no Salón de la Oliva de Vigo (decembro de 1922) e no Ateneo de Palencia (decembro de 1925). Logo da guerra abandonou a ilustración e foi decano do colexio de avogados de Ourense.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou en Madrid con Rosario Esteban R. Monje en 1928.[1]